Skip to Content

Dinamización lingüística

O noso centro participa no Correlingua

 

O venres 4 de maio o alumnado de 2°ESO mais algunhas rapazas do voluntariado lingüístico participamos no Correlingua da Coruña.

Nesta actividade rapaces e rapazas de varios colexios e institutos da contorna fomos camiñando dende a esplanada de Riazor até a Torre de Hércules reivindicando os dereitos da lingua galega.

O lema deste ano é: "a lingua non para" e por iso todos nós fomos cunha camisola fucsia e un dorsal simulando unha carreira que ía encabezada por unha vespa co dorsal 00.

A min encántanme este tipo de actividades, xa que ademais de manifestarnos para  que o galego sexa unha lingua normalizada en todos os ámbitos, fixemos un pouco de deporte.

Edén Avecilla Carrera, 3ºESO B

 

Gañadoras nos concursos do Samain

As rapazas Lucía López García e Andrea Cadaveira Sanjunjo foron as premiadas no III Concurso de Relatos de Terror. Alicia Balado Naveira foi elexida como a que presentou a mellor foto no Concurso, Fotografando o Magosto. 

Anuario 2016-2017

pdfTamén podes descargalo en formato .pdf

 

E os nominados son...

Manuel Lourenzo
Seguindo unha iniciativa do Grupo de Dinamización Lingüística estamos nomeando os espazos do Centro con nomes propios da cultura. O primeiro foi o Salon de Actos, que levará o nome dun home do noso teatro, Manuel Lourenzo. O pasado luns, día 15, compartimos con Manuel Lourenzo uns minutos inesquecibles e decubrimos con el o rótulo deseñado por Silvia Fernández, profesora de Debuxo. Na galería de imaxes que acompaña esta entrada podedes ver algúns momentos desa tarde.

Os outros nomes elixidos* polo alumnado son:

1º ESO A Eduardo Pondal
1º ESO B Manuel María
1º ESO C Fina Casladerrey
2º ESO A Neira Vilas
2º ESO B Rosalía de Castro
3º ESO A Agustín Fernández Paz
3º ESO B Andrea Maceiras
3º ESO C Castelao
4º ESO A Celso Emilio Ferreiro
4º ESO B Carlos Negro
1º BAC A Martín Codax
1º BAC B Manuel Curros Enríquez
1º BAC C Rafael Dieste
2º BAC A Eduardo Blanco Amor
2º BAC B Álvaro Cunqueiro
2º BAC C Luz Pozo Garza
Biblioteca Frei Martín Sarmiento
Latín Monxa Exeria
Aula de Tecnoloxía Ángeles Ruíz Robles
Aula de Plástica Isaac Díaz Pardo
Laboratorio Ángel Carracedo
Info A Mª Josefa Wonenburger
Aula de Convivencia María Reimóndez
Desdobre 1 Ánxel Casal
Desdobre 2 María Miramontes

*A elección realizouse durante o curso 2015-2016

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anuario 2015-2016

pdfTamén podes descargalo en formato .pdf

Grafiti Manuel María

Esta semana visitounos André Laxe para mostrarnos como elaborou o modelo do grafiti de Manuel María e aproveitamos para deixar unha mostra nas paredes do centro.

 

 
 
 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut