Skip to Content

Actividades

Alumnado de Paisaxe e de 1º dos ciclos básicos de Agroxardinaría e Fabricación e Montaxe fan unha saída polo concello de Valga

Alumnado Paisaxe e 1º CB Agroxardinaría e Fabricación e Montaxe no monte Galiñeiro

O luns 30 de xaneiro, o alumnado de Paisaxe de 2º ESO xunto co de 1º do Ciclo Básico de Agroxardinaría e o de Fabricación e Montaxe,  realizou unha saída a pé polo concello de Valga para coñecer parte dos seus lugares máis representativos. Foi un percorrido visitando: o miradoiro do monte Galiñeiro (Pontecesures), onde ollaron a paisaxe do espazo máis chá de Valga, a igrexa de Santa María de Xanza, finalizando co percorrido do río Valga ao seu paso pola aldea do Carballiño. Foron acompañados polo profesorado Ana Castro, Estefanía Calderón, Luciano Rodríguez, Diego Botana e Juan Carlos Montejano. A actividade foi  organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 4º ESO visitou o Parlamento de Galicia e a Cidade da Cultura

Alumnado 4º ESO no Parlamento de Galicia

O alumnado de 4º ESO realizou, na mañá do xoves 26 de xaneiro, unha saída didáctica á Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia e a Cidade da Cultura. No Parlamento, coñeceu as funcións, a organización e a historia da institución, accedendo tamén ás dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis ou o hemiciclo. Na Cidade da Cultura, realizou un percorrido arredor da arquitectura deste lugar, profundizando no proxecto construtivo de Peter Eisenman e a súa relación coa contorna paisaxística e natural na que se atopa, ademais de ollar as maquetas da Cidade da Cultura, o vestíbulo do Museo Centro Gaiás  ou as Torres Hejduk dende o exterior.

Foron acompañados polo profesorado Vanessa Fernández, Cristina Lobato, Diego Botana e Juan Carlos Montejano.  A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 4º ESO no Museo Gaiás da Cidade da Cultura

Alumnado de 2º ESO da materia de Paisaxe no Museo da Historia de Valga

Alumnado Paisaxe de 2º ESO no Museo da Historia de Valga

O luns 16 de xaneiro, o alumnado da materia de Paisaxe e Sustentabilidade de 2º ESO realizou unha visita ao Museo da Historia de Valga, onde guiado pola responsable do Museo, Vanessa Losada, puido reflexionar sobre o que é a paisaxe, localizar espazos paisaxísticos e visionar os espazos naturais máis representativos do concello de Valga. A visita completouse cun percorrido por todas as dependencias do museo.  Foron acompañados polo profesorado Ana Castro, Diego Botana e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado Paisaxe de 2º ESO no Museo da Historia de Valga

Alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato na lagoa de Campaña

Alumnado Xeografía 2º Bacharelato na Lagoa de Campaña

O venres 9 de decembro, o alumnado de 2º Bacharelato da materia de Xeografía fixeron unha saída didáctica polas parroquias de Xanza e Campaña, percorrendo un tramo do río Valga e visitando as lagoas de Campaña.
A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia, sendo acompañados polos profesores Fran Godón e Juan Carlos Montejano.

Alumnado de Xeografía 2º Bacharelato no curso do río Valga

Alumnado de 4º ESO tivo un encontro co escritor Pere Tobaruela

Alumnado de 4º ESO co escritor Pere Tobaruela na Biblioteca

O venres 2 de decembro e na Biblioteca, o escritor Pere Tobaruela visitou o noso centro para ter un encontro co alumnado de 4º ESO. Durante unha hora o autor de "Poñente" conversou co alumnado sobre cuestións relacionadas co seu libro dende o punto de vista histórico e literario, conectando a historia que relata en "Poñente", ambientada a finais do século XIX e principios do século XX, con situacións do mundo actual. Tamén puideron descubrir outras facetas relacionadas coa tarefa de escribir e o mundo da literatura en xeral. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 4º ESO co escritor Pere Tobaruela na Biblioteca

Distribuir contido


by Dr. Radut