Skip to Content

Actividades

Sara Rodríguez e Noa Piñeiro, alumnas de 2º Bacharelato, acadan o 2º e 3º posto na XIII Olimpíada Xeográfica de Galicia

Sara Rodríguez e Noa Piñeiro 2º e 3º premio da XIII Olimpíada Xeográfica de Galicia

As alumnas de 2º Bacharelato, Sara Rodríguez Gómez e Noa Piñeiro Caamaño acadaron o segundo e terceiro posto na XIII Olimpíada Xeográfica de Galicia que tivo lugar na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela este mércores 9 de marzo.  A proba consistiu en contestar 50 preguntas de opción múltiple, incorporando algunhas delas gráficos, fotografías e cartografía. Os contidos estaban relacionados co temario que a materia de Xeografía ten na ABAU.
Parabens a ámbalas dúas!!!  e moita sorte na fase final estatal que, de ser presencial, terá lugar en Miraflores de la Sierra (Comunidade de Madrid) os vindeiros 1 e 2 de abril de 2022, dentro da celebración da XIII edición de la Olimpíada de Xeografía de España, convocada pola Asociación Española de Xeografía.

Gañadoras da XIII Olimpíada Xeográfica de Galicia

Alumnado de Paisaxe fai unha saída polo concello de Valga

Alumnado de Paisaxe 2º ESO no Miradoiro do Monte Galiñeiro

O mércores 12 de xaneiro, o alumnado de Paisaxe de 2º ESO realizou unha saída a pé polo concello de Valga para coñecer parte dos seus lugares máis representativos. Foi un percorrido visitando: o miradoiro do monte Galiñeiro (Pontecesures), onde ollaron a paisaxe do espazo máis chá de Valga, a igrexa de Santa María de Xanza, finalizando a saída nas lagoas de Campaña. Foron acompañados polo profesorado Vanessa Fernández, Modesto Fontán e Juan Carlos Montejano. A actividade foi  organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de Paisaxe 2º ESO na Igrexa de Xanza

 

Alumnado de 2º ESO na actividade "Mapas divertidos"

Alumnado 2º ESO na actividade "Mapas divertidos"

O alumnado de 2º ESO realizou un achegamento á cartografía a través do programa de divulgación científico-técnica ‘Mapas Divertidos’, unha iniciativa do Departamento de Xeografía da USC, que conta con financiamento do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e co apoio técnico da consultora Tecnoloxías e Sistemas de Galicia-Tysgal. O seu obxectivo é espallar o interese por esta área concreta da xeografía entre as mozas e mozos dos centros educativos de ensino medio de Galicia, alén de potenciar a súa intelixencia e percepción espaciais e favorecer a súa creatividade. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia nas dúas primeiras horas do martes 21 de decembro.

Alumnado 2º ESO na actividade "Mapas divertidos"

Alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato na lagoa de Campaña

Alumnas de Xeografía de 2º Bacharelato na lagoa de Campaña

O mércores 15 de decembro, as alumnas de 2º Bacharelato da materia de Xeografía fixeron unha saída didáctica pola parroquia de Campaña, percorrendo un tramo do río Valga e visitando as lagoas de Campaña.

A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia, sendo acompañados polos profesores Fran Godón e Juan Carlos Montejano.

Alumnas de Xeografía de 2º Bacharelato na lagoa de Campaña

Alumnado de 2º ESO da materia de Paisaxe no Museo da Historia de Valga

Alumnado de Paisaxe 2º ESO no Museo de Valga

O mércores 21 de novembro, o alumnado da materia de Paisaxe e Sustentabilidade de 2º ESO realizou unha visita ao Museo da Historia de Valga, onde guiados polos responsables do Museo, Vanessa Losada e Santiago Chenlo, puideron reflexionar sobre o que é a paisaxe, localizar espazos paisaxísticos e visionar os espazos naturais máis representativos do concello de Valga. A visita completouse cun percorrido por todas as dependencias do museo.  Foron acompañados polo profesorado Vanessa Fernández, Modesto Fontán e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Máis fotos da visita neste enlace.

Alumnado de Paisaxe 2º ESO no Museo de Valga

Distribuir contido


by Dr. Radut