Skip to Content

Proxecto dinamización

O EDL convoca o Certame de fotografía "Ciencia en Galego" (ata o 9 de xuño)

                          Certame fotografía "Ciencia en galego" EDL

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Valga convoca o certame de fotografía "Ciencia en Galego". O prazo de presentación dos traballos será ata o 9 de xuño.

Conmemoramos o Día das Letras Galegas coa XI Carreira pola Lingua

XI Carreira pola Lingua

O día 16 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas 2023, homenaxeando ao escritor Francisco Fernández del Riego. As actividades programadas comezaron, no patio cuberto, cun acto no que interviron o alcalde, José María Bello Maneiro, o director do noso centro, Eliseu Mera así como alumnado de 6º do CEIP de Baño e CEP X. Ferro Couselo lembrando a figura de Francisco Fernández del Riego. Neste acto tamén actuou o alumnado que pertence á Banda de Música de Valga co mestre Manuel Villar ao fronte, interpretando varias pezas musicais que incluíron a interpretación dos himnos do concello de Valga e o Galego.

A actividade central foi a celebración da XI edición de “Bota unha Carreira pola Lingua” na que participaron alumnado de 6º de Primaria dos colexios do concello, Baño e Xesús Ferro Couselo, así como os de ESO, Bacharelato e Ciclos Básicos xunto ao profesorado.

Para concluír a xornada tivo lugar a entrega de medallas aos tres primeiros clasificados en cada categoría establecida na carreira e un obradoiro de muiñeira a cargo de Miguel Sotelo para todo o alumnado.

Máis información picando neste enlace.

Logo EDLG

XI Carreira pola Lingua

XI Carreira pola Lingua

XI Carreira pola Lingua

O EDL convoca un Certame de Videopoemas para celebrar o Día de Rosalía de Castro 2023

Logo EDLG

                     Certame Videopoemas febreiro 2023  

Ampliase o prazo de entrega ata finais de semana!!!

Acción poética convocada polo EDLG do noso centro

Acción poética convicada polo EDL

logo edlgDentro das actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro, estase a desenvolver unha proposta artística baseada no movemento Acción Poética, que consiste en encher as cidades de poesía pintada nas paredes. No IES estanse a ilustrar os vidros das fiestras con composicións feitas polo alumnado.
O luns 9 comezaron a facerse as primeiras escritas por parte de alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato e a intención é que máis persoas (alumnado, profesorado ou membros da comunidade educativa) contribúan a pintar as ventás do centro coas súas creacións poéticas.
Quen queira facer algunha achega creativa só ten que pedir un rotulador específico a Fran Godón (profesor de Lingua Galega) e escoller un vidro no que expresarse. O único requisito é que se trate dunha creación propia e que estea escrita en galego.

Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade!!!.

Acción poética convocada polo EDL

 

Alumnado de 2º ESO participou nun obradoiro de regueifa con Pinto de Herbón

Alumnado de 2º ESO participou nun obradoiro de regueifa con Pinto de Herbón

logo edlgO martes 8 e o xoves 10 de novembro na Biblioteca do noso Centro, o alumnado de 2º ESO que participa no Certame Provincial de Regueifa impulsado pola Deputación de Pontevedra, tivo ocasión de asisitir a dous obradoiros desta modalidade de cantiga improvisada, ofrecido pola Asociación Oral de Galiza. As sesións contaron coa presenza do regueifeiro Pinto de Herbón. A actividade foi organizada polo departamento de Dinamización da Lingua Galega.

Alumnado de 2º ESO participou nun obradoiro de regueifa con Pinto de Herbón

Distribuir contido


by Dr. Radut