Skip to Content

Proxecto dinamización

X Carreira pola Lingua

X Carreira pola Lingua

O día 20 de maio celebramos a X edición de “Bota unha Carreira pola Lingua” na que participaron tódolos centros educativos do concello de Valga. Antes da carreira e no patio cuberto do instituto celebrouse un acto no que interviron o alcalde, José María Bello Maneiro, o director do noso centro, Eliseu Mera así como alumnado dos tres centros educativos participantes.

Unha vez rematadas as intervencións foi o momento de botar a carreira a prol da lingua. Os corredores tomaron realizaron un percorrido de seis quilómetros que os levou polo Carballiño, Sixto, Senín, Outeiro, estrada da Bouza, Avenida Bella Otero e regreso ao IES, onde se entregaron as medallas aos gañadores nas diferentes modalidades (Primaria, ESO, Bacharelato e adultos).

Para concluír a xornada tivo lugar unha actuación de Lois Pérez, que ofreceu un espectáculo que combinou música, poesía recitada e contos.

Máis información picando neste enlace.

X Carreira pola Lingua

X Carreira pola Lingua

logo EDL

Freixanes e Maragoto debaten no IES de Valga sobre o futuro do galego na Lusofonía

Freixanes e Maragoto debaten no IES de Valga sobre o futuro do galego na Lusofonía

foto realizada polo Concello de Valga

Preto de 50 estudantes de 1º e 2º do Bacharelato do IES de Valga asistiron hoxe a un debate entre o presidente da AGAL, Eduardo Maragoto, e o da RAG, Víctor Freixanes, onde se trocaron impresións sobre o futuro do galego na Lusofonía.
Na presentación, o responsábel do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Raúl Gómez Pato, que se referiu á AGAL e á RAG como "dúas das institucións lingüísticas máis importantes do país", solicitou que estas fosem presentadas polos poprios conferecistas, após destacar algúns contributos dos mesmos, como o romance O triángulo inscrito na circunferencia, de Víctor Freixanes, e o manual Como ser reintegracionista sen que a familia saiba, de Eduardo Maragoto. Despois dunha breve panorámica sobre a historia destes organismos o os momentos históricos que os propiciaron, Freixanes e Maragoto deron a súa visión sobre o concepto de Lusofonía. O escritor pontevedrés mostrouse partidario de ter em conta a Lusofonía, mais queixouse da pouca atención que recibe a Galiza nese mundo. Entre tanto, Maragoto sobrevoou pola historia da lingua portuguesa e da propia Lusofonía, para acabar reivindicando a pertenza da Galiza a ese espaço, pois “sen a Galiza, a Lusofonía perdería sentido, porque perde toda a sua abranxencia histórica e limítase a ser o mundo colonial portugués, unha etiqueta que nin sempre é do gusto dos outros países”.
A seguir, os dous presidentes reflectiron sobre a unidade da lingua. Para Freixanes, a solución non passa nin por integrarse no castelán nin no portugués, mais Eduardo Maragoto opinou que a converxencia co portugués era a mellor forma de protexer o léxico galego, e até leu un texto escrito em portugués con sotaque galego e con sotaque portugués para demostrar que a mesma ortografía servía para representar diferentes formas de falar a mesma lingua.
Pódese ver o debate enteiro no seguinte link.

Máis información sobre este acto picando neste enlace ou no seguinte enlace da páxina do concello de valga.

O EDL celebra o Día de Rosalía

O EDL celebra o Día de Rosalía

O Equipo de Dinamización Lingüística do noso  Centro celebrou o Día de Rosalía de Castro. Durante a mañá do mércores 23 de febreiro conmemoramos unha das datas sinaladas para a Lingua e Literatura Galegas. Foi a través de dúas actividades: "Rosalía con megáfono" e un "taller de danza". Na primeira delas, e durante os dous recreos, alumnado da ESO leu co "megáfono poético" poemas de escritoras galegas como Emma Couceiro, Estíbaliz Espinosa, Olga Novo,  entre outras.  Na segunda, Artur Puga, bailarín e integrante do corpo de baile de Tanxugueiras, impartiu un taller de baile coa coreografía de "Terra"; nesta actividade participou alumnado dos diferentes cursos da ESO e Bacharelato. A actividade dos recreos foi amenizada polo alumnado de Música, dirixidos polo mestre Manuel Villar.

O EDL celebra o Día de Rosalía

Artur Puga imparte taller de danza con "Terra" ao alumnado de 2º ESO

O EDLG do IES Valga convoca dous concursos en Instagram

  Concurso instagram de amor 2022

Concurso fotografia cientifica edlg 2022

o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Valga convoca dous concursos durante este mes de febreiro: o concurso "instagrams de amor"  e o concurso de "Fotografía Científica", en instagram, incluíndo en ámbolosdous o hastag #ogalegomola, mencionando @edlg_valga. O prazo de presentación dos traballos será o 28 de febreiro.

Calendario 2022 do EDL do IES de Valga

Calendario 2022 do EDL do IES de Valga

Xa temos o calendario para o 2022 do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Este ano o deseño dos días e meses foron completados con coñecidas frases feitas.

Distribuir contido


by Dr. Radut