Skip to Content

Orientación

Exposición premios muller WONENBURGER

Exposición premios muller Wonenburger   Exposición premios muller Wonenburger   No corredor da planta baixa do noso Centro pódese ollar a exposición de premios muller WONENBURGER. Estará ata o día 30 de novembro. Aparte de ser un recurso didáctico para profesorado e alumnado, serve para visibilizar a labor das mulleres na cultura e na sociedade. É unha das actividades que se propoñen dende o Departamento de Orientación nesta semana, na que se conmemora o "Día Internacional contra a Violencia Machista"; tamén unha ocasión para reflexionar por unha igualdade maior e máis real.

 
   

Charla sobre educación vial

Charla de educación vial           Charla de educación vial

   O Departamento de Orientación en colaboración coa Garda Civil de Tráfico organizou unha charla sobre Educación Vial para alumnado de FP Básica e Ciclo Formativo da especialidade de Calderería e Soldadura que se imparte no noso Centro. Foi unha charla a carga de membros da Garda Civil de Tráfico que estiveron durante dúas horas explicando e orientando sobre como mellorar o comportamento nas estradas e evitar percances nelas.

 
   

Visita de alumnado do IES de Valga á "Mostra do Ensino" na Coruña

Visita de alumnado de 4º de ESO e de 2º de Bachrelato á "Mostra do Ensino" celebrada na Coruña organizada polo Departamento de Orientación.

Para ampliar foto prema na imaxe.

A Consellería convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

Se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia. A solicitude de participación no procedemento realizarase unicamente empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 16 de xaneiro de 2012.

MAIS INFORMACIÓN:

http://www.edu.xunta.es/fp/node/10447

Distribuir contido


by Dr. Radut