Durante os últimas días lectivos, deste primeiro trimestre do curso, temos no corredor da planta baixa a posibilidade de ollar a Exposición: "Cambio Climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción". A exposición consta de 19 paneis e está baseada no proxecto CLARITY - Acción Educativa polo Clima- que pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte.
Ademais preténdese dar a coñecer o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. A exposición tamén intenta estimular a participación e reflexión, propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.
Esta producida polo CEIDA e INEGA coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del Clima e a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.