O Club de adultos da Biblioteca ten, o xoves 4 de novembro, ás 16:30 horas unha nova sesión. Será arredor do libro da escritora Andrea Abreu: "Panza de burro". En palabras do coordinador do Club de lectura, o profesor Víctor González: "Mañá xoves, catro de novembro, as catro e media, na biblioteca do IES de Valga, ao abeiro do club de lectura "Veigas de Campaña", faremos tertulia arredor da "Panza do burro" o libro de Andrea Abreu, a escritora canaria que empeza a abrirse camiño na literatura e que, sen dúbida, dará que falar. É unha obra que hai que ler, certamente. Ten cor, corpo, vida, sensacións. É un libro terreal, con sabor, sensual, cunha linguaxe viva á vez que poética. Un experimento, unha obra innovadora. Hai que lela, certamente. É tamén un libro íntimo, escrito desde as tripas e o bandullo; é localista, pola temática, a linguaxe e a xeografía que describe, localista, si, e tamén universal porque os temas que trata a todos atañe, a amizade, o amor, a vida, a morte.... en fin que vos podo decir que non saibades; son os temas de sempre, os que moven a escritura e o pensamento, a filosofía. Tamén é un libro filosófico... xa, como todos, estaredes pensando, e con razón. Lembroume outra obra de iniciación á vida, "Los miedos", de Eduardo Blanco Amor, noso e universal, como ten que ser. Tamen hai que lelo. pero aínda que non o fixérades, nin nesta obra nin na outra, vinde ao Club de lectura. Paga a pena, e non porque haxa bolachas, que as haberá, senón porque se aprende moito nel, e con moito gusto".
Agradamos a vosa asistencia!!!.