Entrega de premios do CERTAME DE FOTOGRAFÍA organizado polo EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
O xoves 20/06/2019 foron entregados pola Directora do centro, Isabel Ruso, e a Coordinadora do EDLG, Mª Carmen Edreira, os premios do CERTAME DE FOTOGRAFÍA organizado polo EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA para o curso 2018/19, que foron concedidos polo xurado reunido o pasado 13/06/2019, ao alumnado seguinte:
- Guillermo Belmonte Marín, alumno de 2º ESO B, na categoría A (1º e 2º de ESO)
- Fuco González Prego, alumno de 4º ESO C, na categoría B (3º e 4º de ESO)
- Lucía Vaamonde López, de 1º bacharelato C, na categoría C (Bacharelato e adultos)
Asimesmo foi entregado á mesma alumna de 1º de bacharelato C, Lucía Vaamonde López, o ACCÉSIT ao CONCURSO DE LOGO DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, organizado polo EDLG.
Parabéns aos premiados e agradecemento do EDLG ao alumnado participante en ambas convocatorias, esperando a mesma colaboración cara ao vindeiro curso.