Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Alén da Chuvia

A revista "Alén da Chuvia" ven de ser recoñecida

O pasado decembro recibimos con agrado o comentario que D. Manuel Bragado Rodríguez fixo no seu blog "Brétemas" sobre a nosa revista literaria "Alén da Chuvia".

Podes lelo clicando na foto.

Grazas!


 

Presentación do número 6 da revista "Alén da chuvia"

Celebramos o xoves 19 a festa das letras. Había unha boa razón, presentar o número 6 da revista, auténtico buque-insignia, do Instituto, “Alén da chuvia”. Neste número hai unha nutrida representación do bo facer literario de alumnado e profesorado. Non deixedes de comprobalo. Como vedes nas fotos, actuou o coro do Eusebio da Guarda. 

 

A ocasión era propicia para entregarlle a Lucía Blanco Miguéns o premio como vencedora do concurso “Gañapuntos” que celebramos –unha pregunta semanal- durante as vinte primeiras semanas deste curso, nunha estreita colaboración entre Club de Lectura e Biblioteca do Instituto. O agasallo consistiu nunha magnífica edición en catro volumes dos relatos da coruñesa Emilia Pardo Bazán. Agradecemos desde aquí á Fundación Barrié, sempre ao servizo da nosa cultura, a súa xenerosa contribución en libros para a mellora e estímulo do alumnado participante no Club de Lectura do IES ao que nos honramos de pertencer. Vedes na foto correspondente a Lucía, o Coordinador de “Alén da chuvia” e Xefe de Dinamización Lingüística, Xulio Cuba Orosa e mais a Vicedirectora, Mª Rosario Soto Arias.

 


 

Revista Alén da Chuvia, número 5

Parte I

Parte II

Para obter a revista fai clic sobre as imaxes.

Revista "Alén da Chuvia", número 1

O primeiro número da revista Alén da Chuvia, editado en maio de 2009, dispoñible libremente para descarga. Se non puideches conseguilo en papel, esta é a túa oportunidade.

Revista "Alén da Chuvia", número 2

Xa temos o segundo número da revista Alén da Chuvia, editado en maio de 2010, dispoñible libremente para descarga, en dúas partes (ver parte I, ver parte II, ). Se non puideches conseguilo en papel, esta é a túa oportunidade.

Revista "Alén da Chuvia" 3. Portada e contraportada

Contraportada da Revista Alén da Chuvia nº 3Contraportada da Revista Alén da Chuvia nº 3

Revista "Alén da Chuvia" 2. Portada e contraportada

Portada do nº 2 Alén da ChuviaContraportada da Revista Alén da Chuvia nº 2

Revista "Alén da Chuvia" 1. Portada e contraportada

Portada do nº 1Contraportada da Revista Alén da Chuvia nº 3

Distribuir contido


by Dr. Radut