Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Complementarias

Dúas alumnas na fase final da competición nacional de Dirección Estratéxica de Empresas

Andrea López Carballo e Sueli Aller López e a súa profesora Ana M. Sánchez Cortizas  terán a posibilidade de participar na XIII Competición Nacional do Simulador de Dirección Estratéxica de Empresas do Reto Alcoa, que se disputará os vindeiros 18 e 19 de xuño en Madrid.

Moita sorte!


 

III Xogos Escolares organizados polo concello de A Coruña

Xornada final: Mércores 22 de abril, nos campos da Torre de Hércules.

O alumnado do centro disputará dous encontros:

  1. Fútbol 11 (ESO masculino):FINAL: IES Eusebio da Guarda - IES Eduardo Blanco Amor.
  2. Fútbol 7 (ESO e Bacharelato feminino): 3º e 4º POSTO: IES Eusebio da Guarda - Calasancias, ás 16:45-7:45, no campo 5.

Entrega de medallas e trofeos ás 19:30 h.

Sorte aos participantes!


 

Acto de entrega dos II Premios Picasso

Coa presencia do Excmo. Sr. Alcalde de A Coruña, hoxe se entregaron os premios do II Concurso de Dibujo Picasso Coruñés.

Coma xa contáramos, a nosa alumna Lucía Blanco Míguens acadou un dos premios, baixo a dirección do seu profesor de Educación Plástica, Sr. Raúl Trillo.

Parabéns aos premiados!


 

Antroido 2015

Se queres ver as fotos, fai clic na imaxe.


 

Festa da Chandeleur 2015

Durante esta semana e maila pasada, nas clases de francés estivemos festexando a "Chandeleur". Festa tradicional en Francia cunha orixe relixiosa (a presentación do neno Xesús no templo aos corenta días do seu nacemento) pero tamén pagana, ainda moito mais antiga, con rituais de purificación da terra mediante o lume,  para levar a cabo  unha boa semente e posteriormente unha boa colleita. No que atinxe á  gastronomía o prato por excelencia son as "crêpes" elaboradas con fariña de trigo "sarrassin ou froment", que representa a riqueza da terra.

(fai clic para velas todas)

 
Primeiramente cunha sesión de inmersión no significado da festa (orixes, refraneiro, ritos ancestrais da cultura bretona, receitas) para pasar logo a degustar unhas deliciosas crêpes elaboradas polos nosos alumnos ... Para enriquecelas un pouco mais, se cabe, engadímoslles doce de leite, nata, xarope de chocolate, zucre e moitas cousas mais. Vive la Chandeleur!!! "

chandeleur.jpg


 

 

Celebración do Día da Paz 2015

A pesares da intensa chuvia e dun invernal vento, os alumnos saíron o pasado venres 30 de xaneiro a celebrar con globos e bos desexos o Día Mundial da Paz, facendo o seu ofrecemento a carón da inmortal estatua da Paloma de Picasso.


 

Decoración das aulas no Nadal 2014

Co gallo da chegada das vacacións de Nadal, os aularios de 1º e 2º da ESO fixeron unhas decoracións especial, tanto das aulas coma deles mesmos, desbordando, coma sempre, coa súa imaxinación e bo humor aos membros do xurado. Podedes ver as fotos clicando sobre elas, e mesmo os videos que amosan a súa creatividade. Parabéns!

 

Queda moi pouco para anunciar aos gañadores. Atentos!


 

Alumnos do Instituto celebran un pleno dentro da "Semana Escolar da Provincia e súa Deputación"

O pasado venres 28 de novembro un grupo de alumnos do instituto celebraron un pleno no que debateron sobre asuntos da actualidade. Ao mesmo sumouse o presidente da Deputación, Sr. Diego Calvo, agradecendo o esforzo e traballo durante a Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación.

O acto quedou recollido en moitas fotos e tamén videos, na páxina deste órgano de goberno, e tamén nalgúns "tuits".

Parabéns a todos os participantes!

 


 

A BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO COLABORA COA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE DURÁN LORIGA

Os días 4 e 9 de outubro recibimos a visita de Mercedes Cerdeiras, a representante da nosa biblioteca de referencia, a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil sita en Durán Loriga, acompañada de Pedro Ramos. A idea era animar aos alumnos do primeiro ciclo da ESO a que usen e gocen das oito bibliotecas que constitúen o sistema municipal coruñés de bibliotecas. Un sistema rico, dos melloriños de España, con máis de 14.000 socios.

Pedro argallou unha “performance”, como din os ingleses, é dicir, interactuou cos rapaces nunha divertida dinámica na busca e procura de novos lectores. Armados de papel e lapis nun momento dado tiñan que escribir tres palabras: unha inicial, por exemplo Delfín, unha segunda que fose verbo e que comezase pola primeira letra, por exemplo domar e unha terceira, un substantivo, que empezase pola última, nariz. E con estas tres palabriñas fornecidas por un rapaz calquera, e así con máis tríos de palabras escollidas ao chou, Pedro foi creando contiños breves que a todos nos fixeron rir: Era un delfín que fora domado por un home SEN NARIZ! (Etc.).

Zapato...zurrar... oso. Entón armaba unha historia cun zapato KAMIKAZE...

Realmente cómpre ter imaxinación nesta vida para ser feliz. E tanto para unha cousa como para outra, nada mellor que acudir á Biblioteca Municipal de referencia do noso instituto, a de Durán Loriga, onde Pedro Rama está buscando rapaces para un curso de relato fantástico.

Conferencia de Carlos G. Reigosa, 1 de marzo de 2012

O 1 de marzo, no Salón de Actos do IES Plurilingüe ‘Eusebio da Guarda’, o periodista e escritor Carlos G. Reigosa impartiu unha conferencia aos alumnos do instituto sobre o espertar da súa vocación de escritor, e comentou tamén algún dos seus libros máis representativos. É autor, entre outros, dun dos libros de maior éxito de vendas en galego, Crime en Compostela. Vén de publicar a novela Tras da Corda. Así mesmo, disertou de temas recorrentes na súa obra, como os fuxidos, a bandoleira Pepa a Loba e a materia artúrica. O IES Plurilingüe ‘Eusebio da Guarda’, con estes actos, preténdelle achegar ao alumnado a literatura en primeira persoa, ao vivo.

O acto foi organizado polo Departamento de Galego e contou coa colaboración da Dirección do centro.


Distribuir contido


by Dr. Radut