Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2018-2019

Actividades curso 2018-2019

A USC recoñeceu a 12 alumnos deste Instituto como Mellores Expedientes 2019

 

Na foto o alumno Alfredo Chavert Sancho acompañado pola Coordinadora de bacharelato e profesroa de Lingua Galega Beni Vidal e a Directora Isabel Ruso:

 

Galería de fotos no Corrego Gallego

 

 

Ryu Tenreiro e Javier Cámara recolleron os premios Isabel Zendal

Ryu Tenreiro e Javier Cámara, recolleron o segundo e terceiro premio respectivamente da I Edición dos Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico, outorgados pola Universidade da Coruña, nun acto que tivo lugar na Universidade da Coruña o 28 de xuño e na que os alumnos estiveron acompañdados pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía Noemí Díaz e a Directora Isabel Ruso.

 

Noticia anterior

 

Remate do Plan Proxecta "O noso mar, o noso sustento"

Para finalizar o curso e dentro do Plan Proxecta "O noso mar, o noso sustento", o alumnado de 1º da ESO realizou unha serie de murais. Na materia de Francés trataron ecosistemas ameazados polas actividades humanas, e na materia de Inglés sobre a cidade de A Coruña como punto turístico dun xeito sostible.

Vídeos das actividades:

 

 

Se queredes ver mais actividades que se fixeron ao longo do curso dentro do plan Proxecta "O noso mar, o noso sustento", podedes acceder na Aula virtual do instituto, Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, "o noso mar, o noso sustento" e acceder como convidados aceptando o regulamento.

Este é o enlace directo, lembrade aceptar o regulamento, senón non deixa acceder: "O noso mar, o noso sustento"

Felices vacacións!

Gran éxito, outra vez, dos nosos alumnos no DELF SCOLAIRE 2019 !!!

Por cuarto ano consecutivo, os nosos alumnos de Francés que se presentaron para a obtención do título do DELF Scolaire, obtiveron todos a calificación de admis (apto). Presentáronse:

     9 no nivel A2

   11 no nivel B1

     1 no nivel B2

A súa preparación estivo a cargos dos profesores de Francés Dna. Mª Jesús Quintáns, D. Juan Carlos Méndez e Dona Mª José Barreiro.

“A nosa contorna somos NÓS!” Plan Proxecta 2º ESO 2018-19. Programa Paisaxe e Sustentabilidade.

“A nosa contorna somos NÓS!”

Plan Proxecta 2º ESO 2018-19

Programa Paisaxe e Sustentabilidade.

 

Con motivo do lema (Coidamos o noso medio) do noso centro, o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, que este ano se enfoca cara a concienciación e o coidado da nosa contorna, presentamos o proxecto titulado: A nosa contorna somos NÓS! que se encadraría dentro do programa Paisaxe e Sustentabilidade do Plan Proxecta 2018-19.

Trátase dun traballo realizado ao longo de todo o curso no que traballamos co alumnado de 2º da ESO, tratando de mentalizar e concienciar non só ao noso alumnado, senón a toda a comunidade educativa  sobre a importancia de manter unha contorna saudable e coidada como base para unha vida sa, de tal maneira que creemos consciencia na importancia de coidar o mundo que nos rodea a nivel natural e social, hoxe e no futuro.

Traballamos o coidado da paisaxe e a súa fauna como así mesmo valoramos as medidas que todos e todas podemos tomar, comezando por pequenos xestos cotiás, para mellorar a nosa contorna e facer do espazo no que vivimos un lugar máis sostible e mellor tanto para nós como para as xeracións vindeiras.

Neste proxecto multidisciplicinar estiveron implicados os seguintes docentes: Carmen Aquino (profesora de música), Nuria Bello (profesora de lingua inglesa e coordinadora do proxecto), Manuel Blanco (profesor de matemáticas) Serxio Gómez (profesor de tecnoloxía), Manuel Maneiro (profesor de lingua castelá) e María Viturro (profesora de lingua e literatura galega).

Para ver todas as actividades e os resultados finais convidámosvos a visitar a nosa páxina web do proxecto A nosa contorna somos NÓS! ou a nosa canle de Youtube

Finalmente queremos agradecer a colaboración de todos os participantes e especialmente dos profesores Antonio Fondo, Paula Barreiro, Paulo Carballada e Teresa Pastor polos seus aportes e suxerencias.

Agardamos que o noso traballo sexa do voso agrado.

Xornadas do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo en Madrid

Os días 20 e 21 de xuño celebráronse en Madrid as Xornadas do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo onde a profesora coordinadora do noso centro Beni Vidal Tomé recibiu a placa de acreditación do instituto como Escola Embaixadora así como os diplomas dos Embaixadores junior ao alumnado de 1º de Bacharelato que participou no Programa.
A todos os nosos PARABÉNS!

Artigo de Charo Soto en Cazatesouros. 9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA. SOMOS EUROPEOS. MAIS SOMOS EUROPEÍSTAS?

A nosa amiga e compañeira Charo Soto Arias, catedrática de Lingua Galega e Literatura escribe un extraordinario artigo co gallo do Día de Europa:

Festa de fin de curso (II)

UNHA FIN DE CURSO A RITMO DE ROCK E MUIÑEIRA

Non podía caber mellor remate para as clases! O grupo de rock TENOCH, integrado polos nosos alumnos Alejandra Castro Vinagre, Álvaro Cámara Neira, Amanuel García Rey (4 ESO C) e Braulio Hernández Varela (1 BACH B), acompañados por Rodrigo Campo Ordóñez, subiu a temperatura, xa de por si alta, na ateigada Aula Picasso, onde a mocidade vibrou ao son dos acordes destes artistas, que imos seguir moi de preto, porque ..... prometen moito!
Pero nesta despedida de curso, tampouco podía faltar a representación da nosa música tradicional, traída esta vez da man do noso alumno de 1 BACH B José Manuel Botana Botana, quen nos deleitou cunha fermosa muiñeira, lembrándonos sen dúbida aquel inmortal gaiteiro de Curros Enríquez: "Ninguén soubo frolear/do xeito que el froleaba./Verlle a muiñeira botar,/era unha nube mirar/de anxeliños que  pasaba".
Mais, non remata aquí a arte. O evento contou tamėn coa colaboración da alumna de 4 ESO D, Noa García Remuiñán, que se encargou da parte de imaxe e son, inmortalizando esta xornada, sen dúbida, fermosa e inesquecible.
Moitos parabéns, rapaces!
(Teresa Pastor Novo)

 

Festa de fin de curso (I)

 3º ESO

Kem Arambillet Salvador:

 Ignacio Cazón Ferreiro coa percusión  e Daniela Neira Prada que toca a guitarra e canta:

 Daniela Neira Prada:

Toca o xilófono Noelia Ares Reguera, a flauta Marina Blanco Docampo, no teclado Daniela Neira Prada e cantando Kem Arambillet Salvador:

Entrega de premios do Canguro Matemático

Celebrada a XXVI edición da competición Canguro Matemático, cuxas probas se fixeron no Centro, baixo a coordinación do profesor Luis Javier Rodríguez do Departamento de Matemáticas e nas que participaron 98 alumnos de todos os niveis de E.S.O. e de 1er curso de bacharelato; foron premiados os alumnos de 1º de ESO Juan Nieto Beneyto, Nicolás Del Río López, Jorge Estévez de Carrillo e o alumno de 3º de ESO Andrés Gento Blanco. Noraboa aos premiados.

Entrega de premios do CERTAME DE FOTOGRAFÍA organizado polo EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

O xoves 20/06/2019 foron entregados pola Directora do centro, Isabel Ruso, e a Coordinadora do EDLG, Mª Carmen Edreira, os premios do CERTAME DE FOTOGRAFÍA organizado polo EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA para o curso 2018/19, que foron concedidos polo xurado reunido o pasado 13/06/2019, ao alumnado seguinte:

 

  • Guillermo Belmonte Marín, alumno de 2º ESO B, na categoría A (1º e 2º de ESO)
  • Fuco González Prego, alumno de 4º ESO C, na categoría B (3º e 4º de ESO)
  • Lucía Vaamonde López, de 1º bacharelato C, na categoría C (Bacharelato e adultos)

 

Asimesmo foi entregado á mesma alumna de 1º de bacharelato C, Lucía Vaamonde López, o ACCÉSIT ao CONCURSO DE LOGO DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, organizado polo EDLG.


Parabéns aos premiados e agradecemento do EDLG ao alumnado participante en ambas convocatorias, esperando a mesma colaboración cara ao vindeiro curso.

Excursión de fin de curso de 1º ESO: kaiak e sendeirismo en Monfero

Estiveron acompañados polos profesores Eva Mariño, Adrián Martín, Rocío Rodríguez, Miguel Sánchez, Manuel Varela e Charo Vázquez.

V Concurso de Debuxo Picasso Coruñés convocado pola Asociación de Prensa da Coruña (APC)

 

Premiados do Instituto, todos presentados pola profesora Noemí Díaz Vázquez:

  • Premio Picasso Coruñés ao mellor xornal: Leila García e Simram Vasco.
  • Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á mellor redacción: Jorge Estévez de Carrillo.
  • Accésit: Nicolás Rodríguez, Roberto Carlos Sarmiento e Silvina Villar.
  • Accésit: Alba Neira Vera.

 

 

 

Excursión de fin de curso de 2º de ESO: paintball e kaiak no Centro de ocio e turismo activo de Naturmaz

Acompañados polos profesores Fernán García, Ana Rodríguez e Tatiana Saldaña.

 

Excursión de fin de curso de 3º de ESO: rafting polo río Ulla

Estiveron acompañados polos profesores Juan Carlos Méndez, Minia Prego e Chus Quintáns.

Vídeo de 3V do Programa Móllate

Coa profesora Alexia y de Cultura Científica de 4 de Eso con Nuria Berdiales, coa finalidade de conciencialos da recollida das praias despois de celebrar o San Xoan.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut