Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Festa de fin de curso (II)

UNHA FIN DE CURSO A RITMO DE ROCK E MUIÑEIRA

Non podía caber mellor remate para as clases! O grupo de rock TENOCH, integrado polos nosos alumnos Alejandra Castro Vinagre, Álvaro Cámara Neira, Amanuel García Rey (4 ESO C) e Braulio Hernández Varela (1 BACH B), acompañados por Rodrigo Campo Ordóñez, subiu a temperatura, xa de por si alta, na ateigada Aula Picasso, onde a mocidade vibrou ao son dos acordes destes artistas, que imos seguir moi de preto, porque ..... prometen moito!
Pero nesta despedida de curso, tampouco podía faltar a representación da nosa música tradicional, traída esta vez da man do noso alumno de 1 BACH B José Manuel Botana Botana, quen nos deleitou cunha fermosa muiñeira, lembrándonos sen dúbida aquel inmortal gaiteiro de Curros Enríquez: "Ninguén soubo frolear/do xeito que el froleaba./Verlle a muiñeira botar,/era unha nube mirar/de anxeliños que  pasaba".
Mais, non remata aquí a arte. O evento contou tamėn coa colaboración da alumna de 4 ESO D, Noa García Remuiñán, que se encargou da parte de imaxe e son, inmortalizando esta xornada, sen dúbida, fermosa e inesquecible.
Moitos parabéns, rapaces!
(Teresa Pastor Novo)

 



blog | by Dr. Radut