Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2018-2019

Actividades curso 2018-2019

Alumnos do Eusebio recolleron os premios e diplomas da XXXVI Olimpíada Galega de Química

Alumnas e alumnos do Instituto Eusebio recolleron os premios e os diplomas de haber participado na XXXVI Olimpiada Galega de Química. O acto tivo lugar na Facultade de Ciencias de Universidade da Coruña, previas visita ao CICA (Centro de Investigacións Científicas Avanzadas), presentación dunha Táboa Periódica Xigante feita pola asociación de divulgación científica UDCBigBang (alumnos da UDC) e charla do divulgador Jordi Pereyra, autor do blog Ciencia de Sofá.

Os alumnos estiveron acompañados polos profesores de Química Miguel García, que recolleu o 1º premio conseguido polo alumno Alfredo Chavert porque estaba participando nas probas da XXX Olimpiada Española de Física en Salamanca, e Pedro Rodríguez.

Noticia na Voz de Galicia (Na foto falta Alfredo Chavert porque estaba na Olimpiada de Física en Salamanca):

No Correo Gallego:

 

Noticia anterior nesta web: Alfredo Chavert e David Crespo, 1º e 4º postos na demarcación da Coruña na XXXVI Olimpíada Galega de Química. NORABOA!!

 

Charla-coloquio co Alcalde Xulio Ferreiro: “Que fai Europa por nós?”

Hoxe 25 de abril o IES P Eusebio da Guarda como Escola Embaixadora do PE recibiu ao Alcalde da Coruña Xulio Ferreiro que mantivo unha charla-coloquio cos Embaixadores junior de 1º de Bacharelato. Os temas foron moi interesantes: “Axenda 2030 da UE” e o proxecto de colaboración da Axenda urbana “Coruña Próxima 2030”; Compromiso da Coruña coa lexislación europea de residuos; Que se pode facer para reducir o lixo?; Medidas implantadas sobre o quecemento global propostas por Europa; A Coruña poderá mellorar as súas infraestruturas grazas aos fondos europeos?; Está a sufrir Galicia e A Coruña unha perda de axudas fronte a outras comunidades?; O Brexit vai afectar á Coruña?....

IES Eusebio da Guarda Escola Embaixadora: charla de Jesús Gamallo

O IESP Eusebio da Guarda como Escola Embaixadora do PE recibiu hoxe a visita de Jesús Gamallo, Director xeral  de Relacións Exteriores coa UE e Director da Fundación Galicia-Europa. A charla-coloquio cos Embaixadores junior do PE (1º de Bacharelato) enmárcase dentro das actividades que se levan a cabo na materia de Oratoria, que imparte a profesora Beni Vidal, para formar ao alumnado na arte de falar en público e ao mesmo tempo coñecer as institucións democráticas europeas e concretamente o PE.

Entrevista da Radio Galega a membros da Escola Embaixadora

Hoxe a Radio Galega retransmitiu desde o Eusebio da Guarda e entrevistou aos Embaixadores junior das Escolas Embaixadoras do PE Almudena Alonso-Jáudenes, Esther González, Diego Sanmartín, Xoán Gómez e á profesora Beni Vidal sobre o Programa das Escolas Embaixadoras do PE. Falouse de estimular o coñecemento de Europa e da democracia europea entre a xente nova. Tamén das actividades que se levan desenvolvido como presentacións sobre problemas que nos afectan a todos: o cambio climático, a inmigración, os plásticos...e dos convidados que nos falaron de Europa: o eurodeputado José Blanco, o Director xeral de Relacións Exteriores coa UE, Jesús Gamallo... o próximo convidado o Alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro e da celebración do Día de Europa 9 de maio e as  próximas eleccións ao PE.

Escenificación do discurso de Greta Thunberg na COP24

Escenificación, a cargo da alumna Carolina Sanmartín, do discurso de Greta Thunberg na COP24 celebrado en Katowice, Polonia, o 12 de decembro de 2018, no día do maratón de lectura do instituto ante o alumnado de 2º de Bacharelato de CTMA o 25 de febreiro de 2019.

 En castelá

 

Alumna e alumnos do Eusebio recollen os diplomas de haber participado na XXX fase galega da Olimpiada de Física

Martín García, Alfredo Chavert (1º posto) e Sabela Tembrás recollen os diplomas da participación na XXX Fase Local da Olimpiada de Física.

Ligazón á noticia do gran éxito dos nosos alumnos na fase local da Olimpiada de Física

 

Alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO de Francés están en Fontenilles de intercambio

Acompañados pola profesora Chus Quintáns e o profesor Juan Carlos Méndez.

Exposición Dalí – Arte – Dalí –Ciencia – Dalí – Soño – Dalí

A través da obra pictórica de Dalí repasamos conceptos como a proporción áurea, as imaxes dobres, xeometría proxectiva, a teoría da relatividade, os fractais, a topoloxía, a estrutura do ADN, as partícualas elementais e tamén algo de música.
Unha boa combinación de Ciencia, Arte e Música de forma amena e comprensible.

O Instituto Eusebio na VI edición de Carballo Interplay

Os alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato con Debuxo e Debuxo Artísitico participan na VI edición de Carballo Interplay, nunha actividade organizada polo Departamento de Artes Plásticas.

As alumnas e alumnos de Relixión de 4º de ESO visitan o Fogar de Santa Lucía en Bens

Alumnos de 4º Eso de Relixión foron a compartir o seu tempo e a escoitar as experiencias das residentes e monxas do Fogar de Santa Lucía en Bens, adicado a a coller mulleres da rúa. Foron acompañados de Baldomero Carballada, Mar Naveira, Charo Soto e Antonio Fondo.

 Ver fotos

POETAS E SOLIDARIOS

O luns 1 de abril, o alumnado de 1 BACH A, B, C, F presentou os seus traballos sobre romances ou cantares de cego, coordinados pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura, Teresa Pastor Novo, dentro dos contidos conceptuais da literatura tradicional de transmisión oral, correspondente aos Séculos Escuros. Ademais do recitado dos seus cantares, acompañaron a representación con cadanseus cartelóns ou maltrañas, obra tamén do dito alumnado. A este acto asistiron, ademais dos propios autores, Pilar Pardo, Conselleira da ONCE na Coruña; Pura Galán, coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística da provincia da Coruña; e Norma Dovale, monitora de actividades do Club de Maiores da ONCE da Coruña, quen acompañou doce afiliados que tamén acudiron amablemente a este evento.

Un alumno participa no programa “Tecnólogo por un día"

O alumno Mario Pérez Plaza, de 1º da ESO, participou na segunda edición da actividade  organizada pola Amtega "DIGITALENT: Tecnólogo por un día". O alumno disfrutou compartindo un día de traballo grazas á participación da empresa CINFO, empresa que diseña ferramentas sinxelas para a emisión dixital de televisión, coma por exemplo o uso de tecnoloxía de visión por computador que xunto a algoritmos de aprendizaxe automático permiten crear un canal de televisión en internet sin desprazar equipos ao lugar de grabación.

 

1º de ESO fai a Ruta da Costa da Morte

Nunha actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística que dirixe a profesora de Lingua Galega Carmen Edreira. Ademáis desta profesora, as alumnas e alumnos estiveron acompañados polas profesoras e profesores María Viturro, Rocío Rodríguez, Mª Eugenia Pérez, Adrián Martín, Nuria Berdiales, Noemí Díaz e Antonio Fondo.

 

Visita ao intermareal de Santa María de Oza

Visita ao intermareal de Santa María de Oza, na Coruña, realizada polos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato do IES Eusebio da Guarda. Esta actividade está integrada dentro do Festival Mar de Mares, e foi dirixida por persoal do Instituto Español de Oceanografía.

Actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

 

 

A voltas coa presión: "Inmersos no aire, miramos ao ceo"

Esta práctica de laboratorio titulada "Inmersos no aire, miramos ao ceo" foi realizada en colaboración coa Universidade da Coruña, que realizou unha recopilación de datos dos coñecementos previos dos rapaces de 1º da ESO do IES Eusebio da Guarda, acerca da presión atmosférica. Colabora e organiza o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Distribuir contido


by Dr. Radut