Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

ADMISIÓN E MATRÍCULA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-22

ADMISIÓN E MATRÍCULA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-22
 
 
12 de maio: publicación das listaxes definitivas de admisión de alumnado admitido e non admitido neste Instituto para o curso 2021-2022.
 
As listaxes poderán consultarse:
  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Segundo o artigo 32 da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo de 2013) contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

23 de abril: publicáronse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido neste Instituto para o curso 2021-2022.

As listaxes poderán consultarse:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas fronte as listaxes provisionais, entenderase realizada a través das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, que serán publicadas antes do 15 de maio de 2021.

----------------------------------------------------------------
 
SOLICITUDES DE ADMISIÓN (para alumnado de fora do centro. O alumnado deste centro ten garantida praza para o próximo curso):
Presentar as solicitudes de admisión entre o 1 e 22 de marzo de 2021.
  • Na Sede electrónica da Xunta.

  • Na aplicación Admisión de alumnado da Consellería de Educación seguindo o método 1 da aplicación (Neste caso hai que presentar tamén a solicitude e a documentación na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar).

  • Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común. Hai impresos dispoñibles na Conserxería do Instituto e tamén máis abaixo (en documentos adxuntos: “Solicitude admisión...”.

NOTA INFORMATIVA:
  • Que, cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite en primeiro lugar, na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

DOCUMENTACIÓN e MÁIS INFORMACIÓN: ver máis abaixo en Adxuntos.
 
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremos: do 25 de marzo ata o 7 de abril.
Listados:
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.

  • Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.

 
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NA ESO E BACH (para o alumnado do centro e para o alumnado novo que foi admitido no proceso de Admisión descrito previamente):
  • Prazo para a matrícula ordinaria: a finais de xuño-inicio de xullo de 2021 (informarase con anticipación).
  • Prazo para a matrícula extraordinaria: principios de setembro de 2021 (informarase con anticipación).
AdxuntoTamaño
Solicitude admisión alumnado Galego.pdf1.52 MB
Solicitude admisión alumnado Castellano.pdf1.53 MB
Documentación2021.pdf98.2 KB
Baremo Escolarización IES P Eusebio da Guarda curso 2021-22.pdf87.88 KB
PLANO ZONA INFLUENCIA E LIMÍTROFE.jpg1.13 MB
MAPA ZONAS INFLUENCIA.pdf1.15 MB


blog | by Dr. Radut