Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Título de Bacharelato - Matrícula ABAU - Probas Extraordinarias ABAU (Selectividade) - xullo 2021

SOLICITAR O TÍTULO DE BACHARELATO

(Trámite imprescindible para presentarse a ABAU).

  • Impreso cuberto cos datos do alumno-a, terás que cubrilo e imprimir 1 copia.

  • Seguir as instrucións para pagar as tasas.

Presentar os dous impresos o 29 de xuño na Secretaría xunto cos impresos da ABAU.

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA ABAU (Selectividade)

O alumnado que desexe matricularse da ABAU, unha vez cuberta a documentación e pagadas as taxas da ABAU e do Título de Bacharelato, deberá entregar na secretaría do centro, o 29 de xuño, a documentación que se relaciona a continuación:

  • Fotocopia do DNI ou Pasaporte (no caso de estranxeiros).

  • Impreso de matrícula da ABAU. Cubrilo e imprimir 1 copia desde ese enlace.

  • Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula: cubrir este impreso e imprimir 3 copias.

Unha vez feita a matrícula, o alumnado poderá acceder á aplicación Nerta cunha conta de usuario que lle chegará polo seu correo electrónico. Premer para ver as instruccións correspondentes.

Importe do prezo de matrícula ABAU:

  • Ordinaria:  63,67 Euros

  • Familia numerosa - Categoría xeral: 31,84 Euros

  • Familia numerosa – Categoría especial: Gratuíta

O alumnado que alegue ser membro de Familia Numerosa, deberá aportar xunto co xustificante bancario, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa.

  • Persoal das Universidades do SUG: Gratuíta. A gratuidade deberán acreditala mediante certificación dos respectivos Servicios de Persoal e, no caso de cónxuxe ou fillos, ademais por medio da fotocopia do libro de familia onde figure o matrimonio e o alumno/a.

  • Persoas con discapacidade (33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero: Gratuíta

Publicación listaxe matriculados:

O 30 de xuño no Instituto pódense revisar os datos e pódese interpor reclamación dende as 9:30 ata as 14:00 horas na secretaría se hai algún erro.

EXAMES ABAU

Lugar, para o alumnado do IES Eusebio da Guarda: Facultade de Filoloxía. Campus da Zapateira. A Coruña.

Datas convocatoria extraordinaria: 13, 14 e 15 de xullo

Horario das probas

 

Máis información: CiUG 

AdxuntoTamaño
Impreso-1-recollida datos título Bacharelato.pdf47.19 KB
Instruccións NERTA Alumnado ABAU.pdf113.02 KB
Instrucións pago tasa título Bacharelato.pdf774.85 KB


blog | by Dr. Radut