Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Olimpiada Matemática Galega 2022

21 de xaneiro de 2022

O alumnado de Bacharelato e 4º de ESO: Isabel Roibal Antelo 1A, Sergio Sánchez Presedo 1A, Carla Dopazo Pavón 1C, Sol Davó Fernández 1C, Hugo Herrador Segade 1C, Nuria Hermida Rodríguez 2A ,Roy Casero Soler 2B, Daniela Neira Prada 2C, Miguel Otero Costoya 2C, Andres Gento Blanco 2E, Juan Nieto Beneyto 4D participou o venres 21 de xaneiro na Olimpiada Matemática Galega 2022, considerada como a fase autonómica galega da LVIII Olimpiada Matemática Española que convoca anualmente a Real Sociedad Matemática Española.

            A proba, organizada pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, celebráronse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, e nela seleccionarase ata 3 estudiantes para representar a Galicia na Fase Nacional. A proba consistiu na realización de catro problemas cunha duración de catro horas.

            As sesións de preparación do alumnado para a proba correron a cargo da Prof. Aurora Labora Castro e do Prof. Luis Javier Rodríguez González. 

 

Parabéns tamén a todo o noso alumnado participante, polo seu esforzo e dedicación. Agradecemento ao profesorado, en especial aos preparadores: a Prof. Aurora Labora Castro e o Prof. Luis Javier Rodríguez.

MENCIÓN DE HONRA: 

Trala participación do alumnado na Olimpiada Matemática Galega, o pasado venres 21 de xaneiro, temos que felicitar aos nosos alumnos que obtiveron unha Mención de HonraCarla Dopazo Pavón, de 1º de Bacharelato C, e Andrés Gento Blanco, de 2º de Bacharelato E.

Estas dúas mencións de honra son parte das once concedidas aos participantes da fase galega da LVIII Olimpiada Matemática Nacional, ademáis das medallas recibidas polos tres primeiros premios.

 



blog | by Dr. Radut