Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Obradoiro de encadernación dos Clubs de Lectura

13 de xuño de 2022

Obradoiro de encadernación dos Clubs de Lectura

Na tarde do pasado luns 13 de xuño, o alumnado dos Clubs de Lectura organizados polas profesoras María Barreiro e Dulce Fernández Graña, tivo a oportunidade de gozar dun obradoiro de encadernación a cargo de Tono Galán e Laura Sánchez, de Edicións Manchea. Utilizando técnicas xaponesas, alumnado de 2º, 3º e 4º ESO aprendeu a elaborar cadanseu caderno seguindo as directrices de Tono Galán e Laura Sánchez, que en todo momento prestaron axuda e atención individualizada aos membros do grupo. 

Despois de hora e media de traballo, o resultado foi un precioso caderno cosido a man, decorado  e elaborado de xeito totalmente artesanal. Damos as grazas a Tono e Laura de Manchea e esperamos poder repetir a experiencia o próximo curso.

Club de Lectura do IES Eusebio da Guarda



blog | by Dr. Radut