Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

O ALUMNADO DE FRANCÉS CELEBRA O FIN DE CURSO E A CHEGADA DAS VACACIÓNS

22 de xuño de 2022

 O ALUMNADO DE FRANCÉS CELEBRA O FIN DE CURSO E A CHEGADA DAS VACACIÓNS

Neste último día de clase, antes de empezar as nosas merecidas vacacións, un grupo de alumnos de francés, principalmente de 3º e 4º DE eso, quixeron cantar unha canción todos xuntos. Para elo elixiron  "La tendresse". Este tema foi adoptado polos nosos veciños galos como himno de resistencia ante a Covid -19. 

"La tendresse" fala do único sentimento sen o cal o ser humano ten difícil a súa existencia, engade ademáis que se pode vivir sen todo o resto: a gloria, o traballo, o poder, os placeres, etc. Ah, mais non é posible vivir sen tenrura, sen afecto, sen cariño. Cando un neno nos bica, porque conseguimos facelo feliz, todas as nosas penas desaparecen axiña. Fagamos, pois, que chovan ríos de tenrura, para que reine o amor. Agardamos que este tempo que estivemos illados, remate pouco a pouco e poida xurdir de novo o amor entre as persoas.

¡¡Felices vacacións a todos!!

 



blog | by Dr. Radut