Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Alta porcentaxe de aprobados nos exames DELF na convocatoria de abril 2022

3 de xullo de 2022

"Alta porcentaxe de aprobados nos exames DELF na convocatoria de abril 2022 “

 

Novamente neste curso 21-22, unha parte do alumnado que cursa Francés tanto de 1ª coma de 2ª lingua concorreu ás probas DELF Scolaire dentro dos niveis A2, B1 e B2 obtendo uns bos resultados.

 

Lamentablemente algún dos nosos alumnos non puido estar presente nos exames por mor da Covid. Neses casos o Ministerio de Educación Francés mantén a posibilidade de presentarse na vindeira convocatoria sen perder os dereitos ao exame.

 

Aproveitamos a ocasión para recordar que a Consellería de Educación mediante a resolución do 10 de xuño de 2022 está a xestionar as probas de nivel lingüístico, polo que invitamos ao alumnado que desexe presentarse aos exames DELF no curso 22-23 que presente o correspondente compromiso asinado na Conserxería do centro. Prazo ata o 10 de abril.

 

Félicitations et bonnes vacances!!!"

 



blog | by Dr. Radut