Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Viaxe a Fontenilles

Viaxe a Fontenilles

 

Un ano máis acabamos de volver de Fontenilles. Este ano un grupo de 27 alumnos de 3º e 4º da ESO estivemos practicando a lingua de Molière cos nosos “corres” e as súas familias durante a semana pasada.

 

A viaxe foi longa pero, coma sempre, mereceu a pena. Houbo tempo para todo, xa podedes ver as fotos ... para xantar nunha adega de Toulouse, para pasear por diante do edificio de Capitole, para visitar unha granxa de patos, ¡qué rico estaba o “foie-gras” que nos deron a probar!, para camiñar, máis ben diría trepar, ata chegar á cima da vila de Cordes sur Ciel, mesmo aí nos tendes traballando co chocolate no seu museo, coma uns profesionais... cada un de nós decorou seu ovo, qué risas cos sombreiros de cociñeiro e os mandís!!!!

 

Por certo, recomendámosvos a visita de Cordes, o pobo “preferido polos franceses no ano pasado”. Ah, non nos esquecemos de dicirvos que mesmo fomos recibidos pola alcaldesa no concello, ¡qué importantes visitantes!

 

Cremos que moitos recordos se quedarán dentro de todos nós para sempre, moitas festas de benvida e despedida, cantar non é que cantaramos moi ben  .... pero todo o mundo aplaudía. Mesmo interpretamos unha pequeniña obra de teatro ...

 

Oxalá sigan estas actividades que nos fan coñecer outros rapaces da nosa idade que viven lonxe e oxalá siga este reencontro posterior das nosas familias. ¿Sabiades que pouco a pouco vanse producindo novas viaxes, agora coas familias? Todo Fontenilles quere coñecer A Coruña e os da Coruña non dubidamos en ir ata aló, tampouco.

 

Merci à tous pour ce merveilleux accueil!!!!!

 (Texto: Mª Jesús Quintáns)


 



blog | by Dr. Radut