Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Vive la Francophonie!!!

O pasado martes, 10 de maio, vestidos coas nosas camisetas verdes, conmemorativas do evento,  os alumnos de 1º e 2º da ESO e mais un grupiño de 1º de bacharelato desprazámonos ata As Pontes de Gª  Rodríguez para asistir, xunto con outros centros de toda Galicia, ao festival da Francofonía que este ano era organizado por este concello coruñés.
 
 

O acto celebrouse ao lado do lago, nun lugar ben fermoso a pesares da chuvia que empezou a caer cando o festival ía xa rematando. 

Tódolos centros participantes levaban varias cancións que interpretaban e bailaban os seus alumnos. Nós o fixemos con 5 cancións que traballaramos nos recreos dende hai mais dun mes. 

Os  primeiros da ESO cantamos todos unha mesma canción, "L'oiseau et l'enfant" de Marie Myriam, tema xa vello e clásico da música gala que se deu a coñecer no Festival da Eurovisión de hai uns cantos anos. Á nosa profesora de francés, Chelo, gustáballe moito e nola propuxo cando nos falou de irmos cantar aló. (enlace ao video)

Os de segundo da ESO prepararon varios temas: os que teñen francés coma primeira lingua presentaron una canción de Louane "Jour 1 " acompañados á guitarra polo seu profesor Juan Carlos. (enlace ao video)

Os outros grupos de segundo da ESO cantaron respectivamente: "Le lion est mort ce soir" , "Papaoutai" de Stromae e mais "Elle me dit" de Mika. Todos eles prepararon as coreografías correspondentes e polo que aplaudía o público, creo que lles gustamos a todo o mundo. (enlace ao video)
 
O grupiño de 1º de bacharelato bailou e cantou unha canción de rap "Celui" de Colonel Reyel, foron dos primeiros en actuar, xa que o festival empezaba polos maiores e terminaba por nós, os de 1º da ESO. Fixérono moi ben. (enlace ao video)

Non podemos esquecernos da actuación de José el Francés, que interpretou varias das súas cancións de ritmo flamenco pero que se dirixía a nós en francés, por ter nacido alí. Estivo moi simpático en todo momento e ata invitou á teniente de alcalde de As Pontes a acompañalo nunha canción flamenca.

Ao remate do festival desprazámonos ata a Fraga, outro lugar ben bonito do concello, eso sí sempre acompañados pola chuvia. Alí puidemos xantar ainda que tivo que ser a cuberto. Foi unha mágoa non poder disfrutar máis da zona, pero prometimos voltar. Se o ano que ven se volve facer nas Pontes, alí estaremos coas nosas cancións.
 
(La Voz de Galicia recolleu nesta noticia o alí acontecido)
(texto da prof. Chús Quintáns)


blog | by Dr. Radut