Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Participación na OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA

Os alumnos de 1º de Bacharelato, Guillermo Alonso-Jáudenes Paz, Alfredo Chavert Sancho, Sabela Tembrás López, e de 4º ESO, Ángela Martínez Loureiro participaron na OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA (1ª FASE DA LIV OLIMPIADA MATEMÁTICA ESPAÑOLA, a instancia do Profesor Luis Javier Rodríguez González do Departamento de Matemáticas, promovido pola RSME (Real Sociedad Matemática Española) e que tivo lugar o venres 19 de Xaneiro de 2018 na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

Cabe resaltar o esforzo realizado na preparación e na realización da proba xa que competiron con alumnado doutros centros e de cursos de 2º de bacharelato e, en moitos casos, con alumnado pertencente ao programa ESTALMAT (programa de estimulación do talento matemático da Facultade de Matemáticas da USC).

Merece especial mención a alumna de 4ª de ESO Ángela Martínez que obtivo unha puntuación de 30 puntos sobre 42 do total da proba.

 



blog | by Dr. Radut