Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Campaña de Cáritas "Ráscate el bolsillo"

Un grupo de animadores/as, digna representación deste centro nun amplo abanico de tarefas e de actividades (animación á lectura, Eusebio TV,…), puxeron en marcha unha campaña solidaria cun spot publicitario en Eusebio TV,Ráscate el bolsillo”.

A campaña iba encamiñada ao recabamento de fondos e de roupa para os máis desfavorecidos.

O pasado 30 de xaneiro, tivo lugar un encontro con responsables de Cáritas Interparroquial da Coruña (Vicente Iglesias, Director e Rafael Pillado, Responsable do Voluntariado) co fin de entregar a recaudación e a roupa. Os responsables de Cáritas quixeron agradecer o esforzo e a laboura dos colaboradores/as nunha sociedade cada vez máis individualista, intentando transmitir unha escala de valores nun mundo no que a globalización vai a máis. Fixeron fincapé na problemática que leva a moita xente á rúa, á albergues e a facer uso de institucións benéfico-sociais, problemática que abrangue dende o económico ata o familiar e a exclusión social, nun contexto de crise que non deixe a ninguén indiferente.

Finalmente resaltaron a importancia destas tarefas de voluntariado e do noso centro por dar acollida a este tipo de iniciativas.

Fotos do arquivo da Ruta do Quijote.

Fotos rescatadas dos viaxes de anos pasados.

Ano 2005

Ano 2006

Ano 2007

Ano 2009

Ano 2010

Premio do concurso de Monólogos para tres das nosas alumnas

A Concellería de Educación, Deportes e Xuventude do noso concello organizou un primeiro Concurso de Monólogos o día 21 de decembro no Teatro Rosalía de Castro. As  alumnas de 1º A , Paloma Bonilla, Carolina Fernández e Fátima Lousada (aí as tedes ás tres, bonitas coma berenguelas) obtiveron o segundo premio no nivel de bacharelato, cun entretido monólogo sobre as redes sociais.  Un monólogo que, ademais, resultou moi ben falado. Parabéns!


Fotografía das gañadoras do monólogo

Fotos da Ruta do Quijote 2011

Estas son unhas poucas, pero aínda virán máis...

Máis fotos do acto de homenaxe ao pintor Pablo Ruiz Picasso

   
   
   
   
   
   

As fotos foron tomadas por Xosé Reimunde o pasado 28 de decembro de 2011.

Revista "Alén da Chuvia", número 2

Xa temos o segundo número da revista Alén da Chuvia, editado en maio de 2010, dispoñible libremente para descarga, en dúas partes (ver parte I, ver parte II, ). Se non puideches conseguilo en papel, esta é a túa oportunidade.

Concurso de decoración navideña

 A clase de 2º ESO A gañou o concurso de decoración navideña das aulas. O premio, se aínda é pouco o mérito de gañar, foi disfrutar dun chocolate con churros nun coñecido establecemento da cidade. Velaiquí as fotos. Noraboa!

 

 
 

 

   

A visita dun representante da Fundación Vicente Ferrer

No último trimestre de 2011, a ONG Vicente Ferrer púxose en contacto connosco para impartir unha conferencia no noso centro e dar así a coñecer o labor en India desa ONG (un labor que se centra basicamente en escolarizar a rapaces que doutro xeito dificilmente o lograrían, e intentar desterrar os prexuízos e as diferenzas absurdas provocadas pola división dos seres humanos en castes, e en igualar en oportunidades a uns e a outros con independencia do sexo). A autora da foto é Yolanda Ferrer, e o fotografado é o conferenciante, fillo adoptivo do propio Vicente Ferrer. Hai que dicir que fascinou os alumnos e que non perderon detalle das súas verbas. E, como se ve na foto, o día era de moita chuvia.

Construcción dun Selenoscopio en 2º ESO

Feito no primeiro trimestre deste curso 2011/12, aquí tes unha selección das fotografías tomadas.

Movendo os discos do artefacto, poderás averiguar a fase da Lúa nunha data do ano, nun gran rango de anos, máis ou menos desde o nacemento dos alumnos ata hoxe.

O enlace ao video tamén está en Capitán Nemo.

II CONCURSO DE MICRORELATOS E RELATOS " INSPIRACIENCIA"

Púxose en marcha o II Concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA.

INSPIRACIENCIA é un proxecto da Unidade de Cultura Científica da Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Cataluña e oInstituto de Ciencia de Materiales de Barcelona (CSIC).

por se vos animades a participar déixovos o enlace correspondente...

II Concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA

E ademais en adxunto para que descarguedes apuntes relativos a como se fai un microrelato :)

Tedes tempo ata o 12 de marzo. Animádevos! Guiño

Intercambio A Coruña - Stamford

Coma outros anos será no vindeiro mes de febreiro, dos días 9 ata o 16. Hai once alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º Bach que participarán no intercambio. Durante estes días os alumnos británicos asistirán a clases no noso centro, compartindo logo outras actividades e visitas á cidade cos anfitrións. Do 24 de febreiro ata o 2 de marzo devolverán a visita aos seus colegas da Gran Bretaña.

O intercambio está coordinado polo profesor Carlos V. Furelos.

Esperamos que o tempo sexa ventureiro cos visitantes. O resto xa o poñerán eles!

Por terra, mar e aire: Avance dun reporteiro en Marrocos

Nas pasadas festas do Nadal un intrépido reporteiro de EusebioTV desprazouse a Marrocos para filmar como son alí as festas de fin de ano.

Pronto será o estreno, pero polo de agora temos un enloquecido avance na súa páxina web. Pica na fotografía para velo.

Concurso de tartas e postres, Nadal 2011

Tarta gañadora dun premio no Nadal 2011

De pedra quedaron os membros do xurado cando veron esta tarta. Celebrábase o tradicional concurso de postres e tartas "Nadal 2011". E claro, gañaron un dos premios "gordos". Logo máis tarde o premio sería para todos: Saboreala e poder dicir "Xantei un bo trozo do meu Insti!"

Parabéns!!

Este é un dos medallóns de Arago que sinalan nas rúas de París o meridiano que serviu para definir o metro a finais do S. XVIII

François Jean Dominique Arago foi un científico e político francés, moi amigo de José Rodríguez González, o "matemático do Bermes". Na biblioteca do centro hai unha copia dun exemplar da obra de Arago titulada "Historia de mi juventud, (Viaje por España, 1806 - 1809), nela fala da grande amizade entre os dous sabios. O número de rexistro é o 16.522.

EusebioTV supera as 10.000 visitas

EusebioTV, a aposta dun grupo de alumnos do Instituto, vén de cumprir unha cifra de visitas que nunca pensaron acadar: 10.000 e subindo. O extraordinario labor destes alumnos segue medrando día a día: Mesmo dan conta das súas novidades a través dunha conta en Twitter (@EusebioTV), que fan de reporteiros no acto de Homenaxe a Picasso e o editan e publican antes que os periódicos locais... Axiña poñerán á nosa disposición un novo traballo: "Por terra, mar e aire". Agardamos con ansia, rapaces!Páxina web de EusebioTV

Un video rodado desde o noso Instituto

Alba Cruz, antigua alumna do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, pediunos un favor para levar a bo porto un proxecto para unha das súas materias na Universidade: "Postproducción de Video e Audio".

Ela quería facer unhas tomas moi moi especiais desde o centenario edificio no que estudou.... e nós dixemos: Adiante!

A técnica que usou Alba coñécese como Til Shift no mundiño do video, ou tamén "efecto maqueta". Mesmo o mellor será que desfrutes vendo o seu resultado. Parabéns e moita sorte!

Reportaxe do periódico El Mundo sobre o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

O pasado catro de xullo do 2011 o diario El Mundo dedicou unha páxina a falar de nós:

"Estudiar en un museo con más de un siglo de historia"

O artigo retrata moi ben de onde vimos e cara a onde estamos a chegar. Gracias ao periódico por se lembrar de nós!

Publicación do libro "V Concurso Literario de Relato Curto e Poesía, Homenaxe a Rita Suárez Amado"

Libro do V Concurso Lit. Relatos Curtos e Poesía,  HRSAPor fin tedes a vosa disposición o libro cos relatos curtos e a poesía editado o ano pasado (2011) como homenaxe a alumna que foi do noso instituto, Rita Suárez Amado.

Agora podes descarregalo. Comparteo! Difundeo! Participa no concurso deste ano!

Publicación do libro "V Concurso Literario de Relato Curto e Poesía, Homenaxe a Rita Suárez Amado"

Acto de homenaxe a Pablo Ruiz Picasso

Coa asistencia do señor alcalde da Coruña e varios representantes da Asociación Pablo Ruiz Picasso de A Coruña, asemade os cargos directivos do instituto e varias ducias de profesores e amigos do centro, vimos de celebrar o pasado día 28 de decembro a descuberta dunha placa de homenaxe. O acto foi seguido polos principais medios de comunicación da cidade. Ademais, EusebioTV fixo un grande labor, ao filmar o acto e telo posto na rede o mesmo día. Tamén foi "retransmitido" a través do Twitter do IES @ieseusebio

Aquí van os enlaces do vídeo e das notas de prensa:

Cando haxa tempo engaderemos máis fotos do acto. Saúdos!

Distribuir contido


by Dr. Radut