Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2020-2021

Actividades curso 2020-2021

Roteiro do Club de Letras polos coidados da memoria colectiva

O alumnado do Club de Letras acompañado polas profesoras Paula Cadaveira e Dulce Fernández Graña participou o martes 11 de maio nun roteiro pola cidade de Santiago de Compostela dedicado a coñecer diferentes lugares onde se coidan a memoria colectiva e a cultura de noso: Museo Pedagóxico Galego, Museo do Pobo Galego e Cidade da Cultura. Quedou deslucido polo tempo, e non se puido realizar todo o percorrido previsto inicialmente, mais resultou moi proveitoso e educativo.

https://clubdeletraseusebio.blogspot.com/2021/05/roteiro-dos-coidados-da-memoria-e.html

"De profesión: arqueólo@", proxecto seleccionado para o premio "#XenteQueFaiHistoria: Como ensinas Xeografía e Historia?"

A profesora de Xeografía e Historia deste Instituto, Paula Cadaveira López, presentou o proxecto elaborado co seu alumnado de 1º de ESO De profesión: arqueólog@ aos Premios #XenteQueFaiHistoria: Como ensinas Xeografía e Historia?, convocados pola Facultade de Historia da Universidade de Vigo. 

O xurado seleccionou este proxecto para a fase final.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021 ADICADO A XELA ARIAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021 ADICADO A XELA ARIAS

 

Xela Arias é a figura homenaxeada este 17 de maio no Día das Letras Galegas.

Como ven sendo habitual desde hai anos, o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda súmase a esta celebración, esta vez cunha exposición sobre a escritora e un concurso de caligramas entre o alumnado. 

A Exposición Xela Arias no Eusebio da Guarda trata de achegar a través dun monllo de fotografías a traxectoria da escritora, tradutora e editora. 

A súa contribución como poeta ven marcada polos poemarios Denuncia do equilibrio (1986), Tigres como cabalos ( 1990), Darío a diario (1996) e Intempériome (2003). Destacan na obra as súas indagacións nas contradicións do ser humano e da orde social, sendo os temas máis frecuentes, o amor, a alienación do individuo pola sociedade e a morte e a futilidade da existencia humana. 

A crítica ven salientando os factores singulares que a caracterizaron: a súa negativa a percorrer acriticamente os itinerarios deseñados por outros e a non calar o que non lle gustaba do panorama literario, a súa resistencia a ser utilizada en calidade de poeta nova e a súa concepción da educación poética desde o esforzo para ler uns versos concebidos desde a autoesixencia. 

A súa obra contribuíu á renovación da poesía galega, co tratamento de novos temas e un estilo moi persoal, cualificado de vangardista. Foi precursora do boom literario feminino que se dá na poesía galega dos anos 90, xa que moitos temas e características formais das poetas dos 90 aparecen xa nos primeiros poemas publicados nos 80. Fálase de poesía de muller para adscribila a esta tendencia xunto a poetas como Yolanda Castaño, Olga Novo ou Emma Couceiro. 

Como tradutora debémoslle as versións ao galego de autores como Jorge Amado, Camilo Castelo Branco, James Joyce, Fenimore Cooper, Gianni Rodari, Charles Baudelaire, Cervantes, Wenceslao Fernández Flórez… 

O seu papel no mundo editorial faina pioneira á hora de traducir os grandes clásicos da literatura ao idioma propio, realizando un traballo magnífico coa vontade de potenciar e situar o sistema literario de Galicia no mundo.

O Concurso de caligramas (Bases na convocatoria) 

Dúas modalidades:

. Caligramas feitos con versos de Xela Arias.

. Caligramas feitos con versos de creación propia.

 Entrega de premios: 14 de maio ás 12:15h 

Posteriormente engadiranse á exposición. 

Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Equipo de Dinamización Lingüística. 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Exposición "É simplemente o que está a acontecer neste lugar, neste momento (Pandemia)"

Ata o 17 de maio. Obra realizada pola profesora de Educación Plástica, Visual e Audiovisual María Marticorena co seu alumnado de 1º de ESO.

Exposición colectiva: É simplemente o que está sucedendo neste lugar, neste momento

Museo KIOSCO ALFONSO (11 marzo - 17 maio 2021)
Av. Jardines de Méndez Núñez, 3. 15003 A Coruña
Horario: de 12 a 14 e de 18 a 21 horas, todos os días da semana.

A exposición forma parte do ciclo A nosa arte en corentena. Trátase dunha iniciativa municipal para poñer en valor o traballo dos artistas nados ou residentes na Coruña, que se encontran en activo en tempos da Covid19.

Obra: Corona Kids, 2021
María Marticorena
Instalación artística colaborativa co alumnado do IES P Eusebio da Guarda, A Coruña.
Materiais: pupitres, cadeiras, mamparas, perfís de aluminio, rotuladores, pinturas e papel.
Medidas variables.

NOTA: Para apreciar a obra Corona Kids recoméndase o uso do teléfono móbil. Para iso será necesario acender a lanterna do seu dispositivo e interactuar coas mamparas.

Esta obra parte da experiencia artística e docente en tempos adversos. Trátase dunha obra colaborativa desenvolvida para a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, onde se involucrou ao alumnado de 1º A, B, C, D e E de ESO do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña, durante o curso académico 2020-2021. 

 Ligazón ao vídeo: "Corona Kids", María Marticorena Corona Kids - YouTube

 

Profesora e artista:

MARÍA MARTICORENA

Estudantes e artistas:

SABELA BLANCO FERNÁNDEZ

SABELA CERVELO FILGUEIRA

ARTURO CONDE SOUTO

ELSA FRADE NOYA

IZAN PEÓN FERNÁNDEZ

EVA PÉREZ TRIGO

MARCO RODRÍGUEZ PEINADO

IRENE VÁZQUEZ COBO

JOSÉ VIEITEZ OLIVIER

MATEO VIZCAÍNO NIETO

LUCÍA YAÑEZ MARIÑO

Colaboración especial do grupo PEMIM e 1ºB

Agradecementos a Mª ISABEL RUSO DE LAGO (directora), así como ao persoal do centro.

PAREANDO... (Álvaro Cunqueiro homenaxeado polo alumnado de 2ºA e C de ESO)

PAREANDO...

Seguindo coa estela creativa de Álvaro Cunqueiro neste ano de homenaxes na súa honra, o alumnado de 2º ESO A e C estivo estas últimas semanas “pareando”, invención léxica verbal que lle acae moi ben o que realizaron: “acción de crear pareados”. Así pois, os rapaces e rapazas destes cursos, coordinados pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura Teresa Pastor Novo, mergulláronse no mundo poético e e elaboraron pareados con colaxes, reafirmando dúas célebres frases: “a pintura (imaxe) é un poema sen palabras” (Horacio) e “a pintura (imaxe) é poesá visible” (Leonardo da Vinci). Nesta ocasión, o alumnado fixo unha “maridaxe” (termo culinario que sería moi do gusto do autor mindoniense) entre palabras e imaxes. 

Visita ao CIC do alumnado de STEMbach

O pasado 24 de Marzo o alumnado do StemBach realizou unha visita ao CICA (Centro de Investigacións Científicas avanzadas) da Universidade da Coruña. Alén de coñecer as instalacións do centro e o seu funcionamento, durante dúas horas puidemos coñecer de primeira man o traballo diario dos diferentes grupos de investigación. Os investigadores/as compartiron o seu tempo connosco, e foron explicando os detalles dos seus proxectos de investigacións nos propios laboratorios do centro. Queremos agradecer ao director do centro, Jaime Rodríguez e a todo persoal investigador pola súa colaboración e amabilidade.

O Club de Letras do Eusebio saíu de roteiro pola Coruña vella

O luns 26 de abril o Club de Letras do Eusebio saíu de roteiro pola Coruña vella, polo corazón da nosa cidade, rendendo homenaxe a esas persoas coidadoras que hoxe dan nomes ás rúas da súa parte máis moderna e lembrando todo o ben que teñen feito pola cidadanía. Acompañados por Ana Torres, Laura Veiga e Dulce Fernández, e respectando en todo momento as indicacións de seguridade, doce alumnos e alumnas percorreron a cidade aprendendo con sabias explicacións de voluntarios/as acompañantes como Charo Soto, exprofesora do instituto, Isabel Ruso, directora do mesmo, e Xurxo Souto, animador cultural. Foi unha tarde moi fermosa e enriquecedora, aprendendo sobre a historia da nosa cidade, que é tamén a nosa historia. Grazas a todos e a todas por facelo posible.
 
 

23 de abril de 2021: Día mundial do libro

23 de abril de 2021: adicamos este ano o Día do Libro ás coleccións de libros antigos de literatura xuvenil da editorial Araluce que conservamos e mostramos na nosa biblioteca.

Cribado Covid-19 para alumnado de 12 a 17 anos

Achegamos o correo recibido polo Centro Cribado Covid-19:

"Bo día,
Comunicámoslles que o vindeiro luns, 19 de abril, comezará  un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.

Por este motivo, solicitamos a súa colaboración para informar o alumnado e as familias sobre a existencia deste programa, para que asistan á súa farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.

Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.

Moitas grazas pola colaboración na difusión deste programa."

 

Máis información no Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña

 

Convócase o XVI Concurso Literario Rita Suárez Amado

Convócase o XVI Concurso Literario Rita Suárez Amado

 

40 cabodano de Álvaro Cunqueiro (1911 - 1981)

 MIL PRIMAVERAS MÁIS NO EUSEBIO…....”

 

Co fin de honrar esta efeméride, o alumnado de 2º ESO (grupos A e C) e o de 1º BACH (grupos A, E, F e G), coordinados pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura Teresa Pastor Novo elaboraron as súas particulares homenaxes desenvolvendo as seguintes facetas deste autor:

 

Narrador: elaboración de semblanzas do realismo máxico cunqueiriano, coa descrición e ilustración de animais inventados, seguindo a estela da Fauna máxica do autor mindoniense, contida na súa obra Escola de menciñeiros.

 

Poeta: como o alumnado de 1º BACH estudou na 1ª avaliación a literatura medieval, agora trataron a vangarda do Neotrobadorismo, sendo Cunqueiro un dos seus máximos representantes, en obras tan singulares como Cantiga nova que se chama riveira. Como se de auténticos trobadores e trobairitzes se tratase, o alumnado elaborou cantigas neotrobadorescas do século XXI.

 

Lexicógrafo: seguindo a inmensa capacidade creativa de Cunqueiro ao inventar palabras, eles tamén crearon un particular dicionario de termos inventados, con cadanseus exemplos, para darlle un carácter máis didáctico, seguindo o modelo da obra Contribución ao léxico deÁlvaro Cunqueiro (RAG/ ILG), que recompila a imaxinación semántica do autor de Terra de Miranda (Mondoñedo).

 

Esta exposición atópase nos vidros que pechan o claustro do patio interior, planta baixa do edificio histórico.

 

Teresa Pastor Novo

CONFERENCIA NO CIRCO DE ARTESÁNS: “O INSTITUTO coruñés/IES "Eusebio da Guarda": un centro vivo que continúa creando Historia"

CONFERENCIA NO CIRCO DE ARTESÁNS: “O INSTITUTO coruñés/IES "Eusebio da Guarda": un centro vivo que continúa creando Historia" a cargo da profesora de Historia do IES Eusebio e Directora do mesmo Mª Isabel Ruso de Lago.

Día 14 de abril (mércores) ás 19:30 h.

Entrega de premios aos Gañadores do XV Concurso literario Rita Suárez Amado

XV Concurso Literario Rita Suárez Amado

Acta do xurado:

(Facer clic na imaxe para ver o documento completo)

 

Entrega de premios:

A ENTREGA DE PREMIOS desenvolveuse o pasado xoves 25 de marzo nun acto presidido polos pais de Rita Suárez Amado, Carmen e Juan, polo Sr. Don Gonzalo Trenor, Delegado Territorial da Xunta na Coruña, D. Jesús Javier Celemín Santos, Cuarto tenente de alcaldesa, Concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Sr. Don Xurxo Couto, Deputado de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, D. Manuel Regueiro, Director da Área de Alta Inspección de Educación, en representación da Delegación do Goberno, dona Mónica Santiso, presidenta da ANPA,  Acompañounos, como é habitual, a familia de Rita e a súa irmá, Alba, dirixiu aos asistentes unhas emotivas palabras. A presidenta da Asociación contra o Cancro da Coruña, Elena Viturro, tamén honrounos coa súa presenza

A Comunidade Educativa do Instituto Eusebio da Guarda quere transmitir a súa orgullosa felicitación aos premiados e anima a todos aqueles que teñan inquietudes literarias a participar o curso  2017-18 no seu certame literario.

 

 Fotos:

 Vídeos:

 

 

De profesión: arqueólog@

De profesión: arqueólog@

Durante os meses de febreiro e marzo os estudantes de 1º da ESO estiveron traballando na aula como verdadeiros arqueólogos e arqueólogas da Prehistoria coordinados pola súa profesora de Xeografía e Historia Paula Cadaveira. Para iso, nun primeiro momento, realizaron os seus propios xacementos e logo escavaron os dos seus compañeiros con ferramentas e técnicas específicas. Logo limparon, restauraron e analizaron as pezas que foron atopando para determinar a que período pertencían: Paleolítico, Neolítico ou Idade dos Metais.

Pensamentos e eperanzas daquel marzo inolvidable

Participa a profesora Beni Vidal, profesor de Lingua e literatura galegas e Coordinadora de Barcharelato.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut