FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23.

 Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

Non acuda ao centro a buscar a solicitude. Utilice os enlaces que aquí se mostran. 

Se vai presentar a documentación persoalmente no propio centro, acuda ao mesmo só cando teña cuberta toda a documentación solicitada (ANEXOS debidamente cubertos, fotocopias requeridas, e calquera outra documentación)  O centro non fai fotocopias.

Enlace ao DOG       

Enlace á aplicación Fondolibros      https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

MODOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. Se dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou CHAVE365, pode tramitar a súa solicitude en liña desde este enlace

2. Se non dispón de ningún medio electrónico para a tramitación da solicitude online, pode facelo de maneira presencial no propio instituto.  Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro debidamente asinados, xunto coa documentación necesaria. Para a comprobación dos datos presentados, é imprescindible a documentación orixinal (libro de familia, DNI), xa que o centro deberá comprobar e completar os datos da solicitude e a documentación presentada. Descargue desde aquí o formulario de solicitude. É un arquivo en formato PDF.

3. Tamén pode presentar a súa solicitude nas oficinas de rexistro da Xunta.

 

Coñece o IES Ferro Couselo

Paseo virtual polo instituto. Preme no enlace

DIA DO LIBRO: 23 DE ABRIL 2022

Que mellor maneira de render homenaxe aos libros e á lectura que a través dun BOOKFACE feito por alumnado e profesorado do noso centro educativo?

O equipo da biblioteca.

Preme no enlace  BOOKFACE IES Ferro Couselo

Nova normativa de avaliación para o curso 2021-2022

Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Os aspectos máis destacados da orde son:

- Os criterios de promoción e titulación modifícanse, sendo de aplicación os que figuran no arquivo adxunto.

- Desaparece a convocatoria extraordinaria na ESO. O alumnado terá 3 avaliacións e unha avaliación final. Tanto a 3º avaliación como a avaliación final serán no mes de xuño.

- No BAC conservase a proba extraordinaria que será  no mes de xuño.

No período que vai desde a terceira avaliación ou a avaliación ordinaria de BAC ata o fin de curso desenvolveranse actividades de recuperación, reforzo e ampliación para todo o alumnado.  O período lectivo remata o 22 de xuño.


Os documentos de centro que recollen estas modificacións curriculares son:
Criterios de promoción e titulación do centro (no arquivo adxunto)

Adendas nas programacións didácticas dos distintos departamentos onde se recollen as novidades sobre a avaliación (no apartado de departamentos da páxina web)

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

Todas as solicitudes de reserva presentadas para 1º ESO ou 1º Bacharelato   foron admitidas.

VACANTES PARA O CURSO 2022-2023

ESO

BACHARELATO

2

1ºBCH-CCSS

5

-

1ºBCH-C

2

-

2ºBCH-CCSS

3

1

2ºBCH-C

6

 

CALENDARIO ADMISIÓN 22-23

Presentación da solicitude de admisión: 1-21 de marzo.  Rematado o proceso de admisión, todo o alumnado que presentou a solicitude está admitido e non foi necesario baremar.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

 Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

 Mais información no seguinte enlace

Todas as solicitudes de admisión presentadas foron admitidas.

 

21 de Febreiro: Día da Lingua Materna

Enlace ao video feito polo equipo de Dinamización para celebrar o día da Lingua Materna.

23 de Febreiro: Día de Rosalía de Castro

A colaboración interdisciplinar de distintos departamentos fixo posible este pequeno proxecto no que podemos ver ao alumnado recitando a Rosalía de Castro nas distintas linguas que se falan no IES Xesús Ferro Couselo.

Ao profesor de música que fixo o traballo mais difícil, darlle forma e montar o vídeo.

Aos seus alumnos de 4º ESO.

A Dinamización Lingüística polo seu ánimo entusiasta.

A vicedirección polo seu apoio loxístico.

E, por suposto, ao alumnado participante e as súas familias.

Grazas

O equipo de biblioteca

 

Rosalía en distintas linguas:  enlace ao video aquí

Exposición sobre Rosalía; enlace ao video aquí

 

Auxiliar de conversa

 AUXILIAR DE CONVERSA NO IES XESÚS FERRO COUSELO

O programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo proporciona un Auxiliar de Conversa ao IES Xesús Ferro Couselo.

Dende o martes, 2 de febreiro e deica o martes 31 de maio, por segundo ano consecutivo, o alumnado que cursa francés segunda lingua estranxeira conta coa presenza na aula dunha persoa Auxiliar de Conversa. Durante este período Natisse Chevalier posibilitará a práctica de conversa oral, reforzando as destrezas orais, ao mesmo tempo que achega o alumnado e o profesorado á cultura do seu país.

 

Reserva de praza para o curso 2022-2023

PUBLICADA A ORDE POLA QUE SE REGULA O PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 22/23.

Prazo: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

Enlace para cubrir a solicitude: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

NOTA; Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Felicitación de Nadal 2021

Preme no enlace para ver a felicitación de Nadal do profesorado e o alumnado do instituto.

Enlace

Distribuir contido