Visita a Santiago de Compostela

O xoves 9 de decembro, os alumnos de 4 ESO A e 4 ESO B do IES Xesús Ferro Couselo acompañados de 4 profesores dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Física e Química partiron a primeira hora da mañá cara a Santiago de Compostela, con dúas citas culturais: O Museo de Historia Natural da USC e a exposición Galicia Futura na Cidade da Cultura.

Así foi o día:  preme aquí

ENLACE FOTOS     https://photos.app.goo.gl/7ouVd2tDgV8dMdQF9

25 de Novembro - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Coma todos os anos e con motivo da celebración do 25N-Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a nosa Comunidade Educativa volcouse na realización de actividades co obxectivo de visibilizar unha situación que por desgraza segue presente cada día na nosa sociedade.

O Equipo de Dinamización Lingüística propuxo a realización dun vídeo co obxectivo de darlle difusión ao símbolo de axuda contra a violencia machista. Unha potente ferramenta que permite ás vítimas saír das mans dos seus agresores.

          25n 

aFERRate á non violencia de xénero

Preme neste enlace

A proposta do grupo de traballo Proxecta “Donas de si” e en colaboración coas titorías de ESO, perfilou siluetas do alumnado e profesorado en diferentes tonalidades de lila, morado, branco e rosa como cores identificativas e fóronse colocando polos corredores das aulas, todas elas orientadas na mesma dirección e coas súas miradas cara o hashtag             #aFERRateaNonViolencia    dando mostras claras de que todos camiñamos na mesma dirección contra a Violencia de Xénero.

Por outra banda o alumnado de 2º e 3º de ESO elaborou frases que non poden pasar desapercibidas e ás que AFERRARNOS  como parte importante da educación. Estas frases foron pintadas nos espellos e azulexos do centro educativo.

 

VÍDEO SILUETAS E FRASES ( Este enlace: https://youtu.be/nkhbu8Ama0c )

A súa vez alumnado de 4 ESO realizou vídeos nos que se invirten roles de actuación segundo os estereotipos de xénero implantados pola sociedade como punto de reflexión a ter en conta.

 

 VÍDEOS 4º ESO ( Este Enlace: https://youtu.be/NN6GA5WNJkE )

O alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Literatura Universal quixo mostrar a súa repulsa contra a violencia de xénero, facendo unha lectura comentada dun conto de Emilia Pardo Bazán “ El revólver”. Neste relato de máis dun século pode apreciarse o que , por desgraza, segue a suceder na actualidade.

Nerea, Aitor, Rubén, Olga, Naír, José Manuel, Sandra e Uxía puxeron as voces e os comentarios e o profe Roberto conseguiu darlle forma. Preme o reprodutor para escoitalo.

 


 

Plan de ensino virtual ante a Covid-19

Plan de ensino virtual ante a covid-19

Dito plan contempla o funcionamento do centro en horario espello (similar ao do ensino presencial empregando ferramentas de comunicación e aulas virtuais).   Ante un escenario de pandemia que pode prolongarse no tempo, informamos ás familias de que, no caso de que os seus fillos deban quedar na casa nalgún momento por confinamentos de maior ou menor duración, van contar cun plan de ensino virtual, completo, con horarios definidos, clases e tarefas organizadas, que se pode consultar no seguinte enlace.

Horario espello

Distribución de máscaras entre o alumnado

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22.

(código de procedemento ED330E)

Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021.

Anexo I e II - ED330E - Máscaras

Novembro: Mes da Ciencia en Galego

Con motivo do Mes da ciencia en galego, os departamentos de Física e Química e de Bioloxía e Xeoloxía, en colaboración coa biblioteca, organizan a actividade A esfera da auga do 8 ao 19 de novembro.

          cartel      cartel2

Plan de acollida familias curso 2021-2022

Estimados pais e nais: 

no seguinte enlace poden atopar datas e horas para as reunións da próxima semana entre o equipo directivo e as familias.  Ditas xuntanzas faranse por videochamada.

Recibirán os datos necesarios para conectarse ás reunións a través da aplicación Abalar.

Enlace

 

Normas xerais COVID19 curso 2021-2022

Na seguinte ligazón atoparás información importante sobre as normas COVID para o curso 2021-2022.

Ligazón

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-2022

Prazo extraordinario de matrícula:  do 1 ao 10 de setembro.  Entrega de documentación no centro, de 9:00-14:00 horas.  Recoméndase formalizar a matrícula o antes posible.

Seleccione o curso no que se vai matricular o alumno/a e siga as instrucións.  Lembre que non é preciso acudir ao centro a solicitar os impresos de matrícula. No instituto non se facilitan os formularios nin se poden facer fotocopias. Todo o necesario está nos seguintes enlaces:

Instrucións e impresos de matrícula para:

1º ESO  Impresos de matrícula

2º ESO  Impresos de matrícula

3º ESO  Impresos de matrícula

4º ESO  Impresos de matrícula

1º BAC  Impresos de matrícula

2º BAC  Impresos de matrícula

 

Servizo de comedor:

Coa situación sanitaria actual motivada pola COVID, e mentres non haxa novas instruccións por parte da Consellería de Educación, o servizo de comedor manterase en suspenso durante o curso 2021-2022.

Distribuir contido