Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Infografías sobre conciliación

Na materia de Economía de primeiro de bacharelato realizouse un proxecto colaborativo de investigación, análise e debate sobre as discriminacións de xénero no mercado laboral, analizando as causas que a orixinan e as súas consecuencias sobre a vida das mulleres.

En particular, tratar a necesidade de implantar nas empresas de medidas que favorezan a conciliación laboral e familiar, pero que estas non deben estar destinadas só as mulleres se non tamén aos homes. Habitualmente estas medidas son pensadas en clave feminina, o que perpetúa os roles de xénero e limita que as mulleres desenvolvan unha carreira profesional nas mesmas condicións que os homes.

Primeiro fíxose unha lectura co alumnado, para proceder a unha primeira análise e posterior debate na aula.

Despois, o alumnado, traballando en grupos, procedeu a busca de información estatística na web do Instituto Nacional de Estatística segundo unhas directrices previas por parte da profesora.

Alumnado de Primeiro de bacharelato

Despois procederon a realizar o procesamento dos datos con folla de cálculo.

Por último, xuntáronse as estatísticas e os gráficos nunha serie de tres infografías.

O resultado son as seguintes infografías, que foron expostas nos corredores do centro:



Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut