Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

C.M. Instalacións Eléctricas e Automáticas

Información

Consegue unha saída ao mundo laboral en tan só dous anos co título de Técnico Medio en Instalacións Eléctricas e Automáticas. É esta unha titulación con moitas sáidas laborais, tanto por conta allea como propia.

Imaxes ciclo

O Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas divídese en dous cursos. Cada curso consta dunha serie de módulos (materias) dunha duración determinada, ata completar un total de 2000 horas.

No primeiro curso, as clases impártense no instituto desde Setembro ata Xuño.

No segundo curso, o periodo de clase no instituto é de Setembro a Abril, xa que desde Abril ata Xuño faise o módulo de formación en centros de traballo no cal o alumno completa a sús formación traballando nunha empresa. En moitos casos, o alumno xa é contratado pola empresa na que fixo as devanditas prácticas.

Importante:

Formalizar a admisión chamando ao número de teléfono do centro: 881 867 110 para os trámites administrativos e recibir máis información.

Datas de matrícula:
Primeiro prazo: xuño - xullo
Segundo prazo: setembro - outubro


Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut