Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Educación de Adultos

ESA (Educación Secundaria para persoas Adultas)

O IES FONTEXERÍA está autorizado a impartir ensinanza secundaria para persoas adultas co obxecto de preparar aos adultos e adultas para a obtención do graduado en educación secundaria. Estas ensinanzas están establecidas en horario nocturno para facilitarlles aos adultos da comarca que podan acceder a súa educación sen deixar por eso de acudir ao seu posto de traballo. O horario que o centro ten establecido é de luns a xoves, entre as 18 e as 22 horas, en períodos lectivos de 45 minutos.

Organización.

A educación básica para as persoas adultas organízase en dúas etapas. A primeira corresponde ás ensinanzas básicas iniciais e a segunda, ás ensinanzas conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria. O noso centro so imparte estas últimas ensinanzas.

O currículo da segunda etapa da educación básica para persoas adultas, conducente á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, estrutúrase en dous niveis, I e II, organizados de forma modular en tres ámbitos, e secuenciados de forma progresiva e integrada. Cada ámbito consta de catro módulos de contidos de carácter interdisciplinar, e cada módulo divídese en dous bloques de contidos. Os ámbitos a que se refire son os seguintes:

a) Ámbito científico-tecnolóxico, que ten como referente curricular os aspectos básicos do currículo das materias de matemáticas, ciencias da natureza, tecnoloxías e os aspectos relacionados coa saúde e co medio natural da materia de educación física.

b) Ámbito de comunicación, que ten como referente curricular os aspectos básicos do currículo correspondentes ás materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e primeira lingua estranxeira.

c) Ámbito social, que ten como referente curricular os aspectos básicos do currículo das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía, e os aspectos perceptivos correspondentes ás materias de educación plástica e visual e música.

Duración e currículo.

Con carácter xeral, as ensinanzas conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas adultas cursaranse en dous anos académicos. Na modalidade presencial, o total de períodos lectivos destas ensinanzas non poderá ser, en ningún caso, inferior a 1.250. Non obstante, considerando que as persoas adultas posúen coñecementos construídos nas súas experiencias persoais e académicas e que un proceso educativo axeitado debe respectar o estilo e o ritmo de aprendizaxe de cadaquén, a duración do proceso educativo das persoas adultas poderá flexibilizarse.

A cada un dos ámbitos de coñecemento sinalados no apartado anterior correspóndenlle catro módulos. Os módulos estarán distribuídos cuadrimestralmente, correspondéndolle dous módulos ao primeiro nivel e os dous restantes ao segundo nivel.

Acceso.

Poderán acceder ás ensinanzas básicas para as persoas adultas aquelas persoas maiores de dezaoito anos ou que os cumpran no ano natural en que comeza o curso escolar, de acordo co establecido no punto 7 do artigo 2 do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán, así mesmo, incorporarse ás ensinanzas de adultos os alumnos e alumnas que sexan maiores de dezaseis anos e teñan un contrato laboral que non lles permita acudir aos centros educativos en réxime ordinario ou sexan deportistas de alto rendemento.

Cando a persoa adulta que accede a esta oferta educativa teña acreditados estudos realizados, poderá acollerse ás equivalencias recollidas nos anexos III, IV, V, VI e VII da orde do 24 de xuño de 2008. Cando non acredite estudos que poidan ser obxecto de validación, a adscrición do alumno ou da alumna a unha etapa, nivel e módulo realizarase mediante unha avaliación inicial.

Para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez, os centros efectuarán con carácter preceptivo durante os meses de setembro e de xaneiro un proceso de avaliación inicial, que terá en conta a súa madurez persoal, as aprendizaxes non formais e informais adquiridas, os coñecementos previos e os seus intereses e necesidades, e que facilitará a orientación e adscrición destas á etapa, ao nivel e ao módulo correspondentes.

Admisión e matrícula nas ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas.

O alumnado que cumpra os requisitos de acceso establecidos no artigo 19º para a educación secundaria para persoas adultas poderá matricularse nun nivel completo ou, de forma parcial, nun ou dous ámbitos de coñecemento de calquera dos niveis. Na modalidade presencial, o prazo de presentación de solicitudes de admisión será entre o 1 e o 15 de xuño de cada ano, e o prazo de matriculación será o comprendido entre o 1 e o 10 de setembro. 

DISTRIBUCIÓN HORARIA

A duración mínima de cada período lectivo das ensinanzas de adultos será de 45 minutos. Cada grupo de alumnos matriculados nas ensinanzas de graduado en educación secundaria terán un período lectivo semanal de actividades de orientación e titoría. A cada grupo de alumnos asignaráselle unha profesora ou profesor titor que será designado polo director ou directora entre o profesorado que lle imparta docencia.

Dos 1.250 períodos lectivos establecidos para a educación secundaria para persoas adultas na modalidade presencial, 1150 distribuiranse semanalmente segundo figura no anexo II. Para contextualizar o currículo no propio contorno e poder dar resposta ás características, intereses e necesidades das persoas adultas, os 100 períodos lectivos restantes serán de libre disposición para cada centro educativo e deberán estar dedicados a unha oferta curricular propia que deberá figurar na concreción curricular do centro e que no caso do IES FONTEXERÍA  é a de Informática, con unha hora semanal en cada módulo.

Promoción.

De acordo cos criterios de promoción establecidos na concreción curricular do centro, o equipo de avaliación, presidido polo titor ou titora do grupo, poderá decidir a promoción ao módulo seguinte do alumnado que, avaliado negativamente nun dos módulos dun ámbito de coñecemento ou nas ensinanzas da oferta curricular propia do centro, acadase a xuízo do equipo o nivel de madureza que lle permita continuar con aproveitamento os estudos dese módulo seguinte.

Promoción por ámbito.

Na educación secundaria para persoas adultas, o alumnado poderá estar cursando módulos diferentes nos distintos ámbitos e a promoción será por ámbitos de forma independente. Dentro de cada ámbito, o alumnado non poderá ser avaliado dun módulo sen ter superado previamente o precedente ou ter sido promovido a el.

TITULACIÓN

Titulación de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Para obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria cumprirá ter superado o segundo módulo, módulo 4, de todos os ámbitos do nivel II da educación secundaria para persoas adultas.

Excepcionalmente, o equipo avaliador poderá propor para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria o alumno ou a alumna que, ao finalizar o nivel II da educación secundaria para persoas adultas, sexa avaliado negativamente nun dos ámbitos de coñecemento ou nas ensinanzas da oferta curricular propia de cada centro, sempre que acadasen globalmente as competencias básicas e os obxectivos establecidos para o ensino básico para as persoas adultas.

Todo o alumnado adulto poderá recibir, en calquera caso, unha acreditación do centro educativo en que consten os niveis e módulos cursados e as cualificacións obtidas.

A superación de calquera dos módulos que integran o currículo da educación secundaria para persoas adultas terá validez en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

ANEXO II

Distribución horaria semanal dos períodos lectivos para os tres ámbitos de coñecemento da educaciónsecundaria obrigatoria para persoas adultas

Ámbito de coñecemento

Módulos

Primeiro

Segundo

Terceiro

Cuarto

Totais

Comunicación

Lingua estranxeira

6

6

5

5

22

2

2

2

2

8

Científico- Tecnolóxico

8

8

8

8

32

Social

3

3

4

4

14

Titoría

1

1

1

1

4

Totais: 20 20 20 20  

        ANEXO III

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, dos cursos do sistema educativo da Lei 14/1970 e do sistema ordinario da educación secundaria obrigatoria, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas.

Sistema Educativo Lei 14/1970

Sistema Ordinario Básico

Sistema educación básica para persoas adultas

Sexto de educación xeral básica

Sexto de educación primaria

Nivel II das ensinanzas básicas iniciais

Sétimo de educación xeral básica

Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria

Primeiro módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecemento do nivel I das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Oitavo de educación xeral básica e título de graduado escolar ou certificado de escolaridade

Segundo curso de educación  secundaria obrigatoria

Segundo módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecemento do nivel I das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Primeiro curso de bacharelato unificado e polivalente con dúas materias pendentes, como máximo, ou primeiro curso de formación profesional de primeiro grao.

Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria

Terceiro módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecemento do nivel II das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Segundo curso de bacharelato unificado e polivalente ou segundo curso de formación profesional de primeiro grao e título de técnico auxiliar

Cuarto curso de educación secundaria brigatoria

Cuarto módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecemento do nivel II das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Título de graduado en educación secundaria

ANEXO IV

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, das materias de primeiro e segundo cursos do sistema ordinario da educación secundaria obrigatoria, cos módulos 1 e 2 do nivel I correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo 1 de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Alumnas e alumnos que superaron as seguintes materias: matemáticas, ciencias da natureza

Científico-tecnolóxico

Alumnas e alumnos que superaron as materias de lingua galega  e literatura, lingua castelá e literatura, e primeira ou segunda lingua estranxeira

Comunicación

Alumnas e alumnos que superaron as ciencias sociais, xeografía e historia

Sociedade

Segundo curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo 2 de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Alumnas e alumnos que superaron as seguintes materias: matemáticas, ciencias da natureza, tecnoloxías

Científico-tecnolóxico

Alumnas e alumnos que superaron as materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e primeira ou segunda lingua estranxeira

Comunicación

Alumnas e alumnos que superaron as ciencias sociais, xeografía e historia e educación para a cidadanía e os dereitos humanos

Sociedade

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut