Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Dinamización Lingüística

Calendario Maio

As imaxes deste mes das Letras Galegas mesturan viaxes: París, Padrón, Santiago e visitas máis locais. Todo colle nas actividades do Fontexería!

#OTaboleiroMaio

Pois chega o taboleiro virtual para este mes das Letras Galegas. Coma sempre, actualizaremos novas ao longo destas semanas. E ánimo, que xa queda menos!

https://padlet.com/edlgmf23/otaboleiromaio-lmv5s7d2ypm5va9j

Día do Libro 24

 

Dende o equipo da biblioteca celebramos  o Día do Libro cunha visita ao Centro de Día de Muros, onde alumnas e profesoras do Fontexería leron para as persoas que alí se atopaban. As persoas maiores fixéronnos entrega dun agasallo para a biblioteca do Instituto.

Esta foi, sen dúbida, a actividade máis emocionante de todas as realizadas dende a biblioteca neste curso. 

Encontro literario con Concha Blanco

 

 

 

Exposición Os Rostros de Nós

Estas semanas temos nova exposición na biblioteca. Aquí deixamos un collage de imaxes para quen non poda visitala presencialmente, ao que sempre vos animamos!

II Concurso de Lectura en Voz Alta

Pois xa temos o resultado da segunda edición do noso concurso. Logo das fases preliminares en cada grupo da ESO e da FP Básica, o alumnado finalista participou na fase final ante a comunidade educativa no transcurso da clausura da XXXV Semana Cultural. O xurado estivo integrado por alumnado e profesorado. Premede na ligazón para ver as imaxes.

#OTaboleiroVirtualAbril

 

Unha nova edición deste punto de información coas novidades do mes seleccionadas polo EDLG

https://padlet.com/edlgmf23/o-taboleiro-abril-qpypajk61qi7ks4j

Calendario ABRIL

 

Imaxes da XXXV Semana Cultural, o 8M, o logo da nosa radio que emite os seus primeiros sons, a excursión a Andalucía configuran o marco fotográfico deste mes de abril.

As Imaxes do Patrimonio 5

 

Pois xa chegou o traballo de recompilación por parte do EDLG do IES Plurilingüe Fontexería, dos textos e imaxes presentados polo alumnado de 4 da ESO ao Certame As Imaxes do Patrimonio no curso 22-23  . A edición en papel presentouse logo da XXXV Semana Cultural do Centro, en marzo  de 2024.

Premendo na ligazón atoparedes a versión dixital

https://online.fliphtml5.com/brdkb/fwug/

Exposición 8 M na Biblioteca

Aquí deixamos unha selección de imaxes da Exposición montada polo equipo da Biblioteca na semana do 8M

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut