Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Encontro literario con Concha Blanco

 

 

 

ENCONTRO LITERARIO CON CONCHA BLANCO.

 

O martes 16 de abril visitou a Biblioteca do IES Plurilingüe do Fontexería a escritora ceense Concha Blanco quen departiu co alumnado de 4º da ESO sobre unha das súas obras Nano,  un mozo que loita polo recoñecemento da súa propia identidade.

 

Ademais, a autora fixo un breve percorrido da súa faceta como escritora de literatura infantil e xuvenil, centrándose, especialmente, nos seus inicios no mundo das letras galegas a finais dos anos 70 e no seu papel transgresor á hora de utilizar a nosa lingua.

 

Concha Blanco ten no seu haber máis de 50 títulos publicados e numerosos premios, entre os que destacan o Premio Merlín (1996, 1993 e 2003) ou o accésit do Premio Lazarillo de Tormes (1997).

 

O encontro rematou cun interesante coloquio onde a autora compartiu anécdotas e contestou as preguntas do alumnado.



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut