Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Economía

Información do Departamento de Economía

Aquí podedes consultar información relevante do Departamento de Economía:

Integrantes

Visita ao espazo "A Maceta"

 

O alumnado de Economía de 1º Bacharelato do IES Plurilingüe Fontexería, acompañados do seu profesor Fernando Pérez, visitou o pasado xoves 9 de novembro o Espazo #AMaceta, en Muros. Alba Fernández Arias, fundadora da iniciativa, explicou a súa experiencia vital, que a levou a abandonar a City londinense para voltar ás súas raíces muradás.

Premendo na ligazón atoparedes unha pequena peza audiovisual que resume a interesante actividade.

Dous equipos se clasifican para a segunda fase do consumópolis

Dous equipos de 4º da ESO superaron todas as probas sobre o consumo responsable e deberán elaborar un vídeo sobre os perigos de internet.

Os grupos son:

Ninis:: Xiana e Isona Torres, Zacarías Brea, Sergio Santos, Claudia Siaba

Kus kus clan:  Antia Neira Baúlo, Laura Caamaño Martínez, Marcos Lijó Louro, Alexandre Rego Gallardo, Adrián Sestayo Sestayo

 

Participación en Consumópolis

O IES participa no concurso consumópolis para fomentar o consumo responsable

Visita a Casa Grande Xanceda e Cidade da Cultura

O 22 de Marzo de 2022 o departamento de economía organiza unha visita a casa grande de xanceda e á cidade da cultura cos alumnos de 2º de bacharelato.

Na visita á granxa, pasearon polas súas instalacións explicáronlle o proceso productivo e a responsabilidade social da granxa ecolóxica.

Charla de Xaquín Maceiras sobre "Produción musical e creación de novos xéneros urbanos"

Xaquín Martínez Maceiras, exalumno do instituto, impartiu unha charla o mércores 28 de abril sobre a produción musical e creación de novos xéneros urbanos no que se incluiu un exemplo práctico de creación dunha canción no que participaron activamente os alumnos de 1º de bacharelato

Clasificados para a final nacional do concurso "Young Business Talents"

Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato do noso centro, formado por María Caamaño, Lucía Senande, Fabio Olveira e Lucía Fernández, acadou a clasificación para a final nacional do concurso "Young Business Talents". Esta clasificación acadouse despois de competir con outros centros de toda España, e consiste na xestión virtual dunha empresa.

A final será no mes de maio en Madrid, se a situación sanitaria o permite.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut