Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Dinamización Lingüística

As Imaxes do Patrimonio 5

 

Pois xa chegou o traballo de recompilación por parte do EDLG do IES Plurilingüe Fontexería, dos textos e imaxes presentados polo alumnado de 4 da ESO ao Certame As Imaxes do Patrimonio no curso 22-23  . A edición en papel presentouse logo da XXXV Semana Cultural do Centro, en marzo  de 2024.

Premendo na ligazón atoparedes a versión dixital

https://online.fliphtml5.com/brdkb/fwug/

Exposición 8 M na Biblioteca

Aquí deixamos unha selección de imaxes da Exposición montada polo equipo da Biblioteca na semana do 8M

8M

Xa temos modelos de camisetas para a celebración do #8M2024, tal e coma  comprobastes ao longo da semana. O venres, o IES Fontexería viste de morado na xornada reivindicativa.

A Biblioteca celebra o Día de Rosalía _rdc2024

Desta volta fixemos unha exposición de libros de Rosalía de Castro na Biblioteca do centro e as alumnas participantes no programa Bibliotecas Solidarias leron poemas na nova biblioteca do CEIP Ramón de Artaza, onde deixaron tamén un agasallo.

#OTaboleiroMarzo

E chega tamén o taboleiro virtual do EDLG, no que podedes consiultar as novidades deste mes marcado pola SEMANA CULTURAL. Premede na ligazón para estardes ao tanto!

https://padlet.com/edlgfont/marzo-a6rw59w6gnof8mu9

Calendario MARZO

Pois xa temos calendario de marzo, que chega coas imaxes de parte das actividades de febreiro, que veu cargado de entroido, celebración do Día de Rosalía, saída cultural a Campolameiro e mesmo un obradoiro impartido por unha ex-alumna! Non haberá queixa...!

Actividades do #_rdc2024

Agasallo de caraveis e poemas escritos polo alumnado, entrevistas ao redor da figura de Rosalía de Castro, lectura de poemas na biblioteca do colexio Ramón de Artaza, photocallrosaliano, exposición na biblioteca e artes gráficas do alumnado de EPVA. Neste vídeo aparecen resumidas as actividades que tivemos no Centro para lembrar a Rosalía no seu día

Photocallrosaliano24

Pois retomamos esta actividade que tanto nos gusta no Centro. Parte do alumnado de EPAV baixo a coordinación de Ana Dobarro elaborou o photocall para que quen quixera pousar saíra así de ben. Premede na ligazón para descubrir quen se prestou á instantánea!

23 de febreiro Día de Rosalía #oamordapatriagalega #_rdc2024

Entroido 24

 

Veña, aquí van algunhas das imaxes do Entroido 24 no Fontexería!

https://youtu.be/Ntr-kameLhs

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut