Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Premio no I Certame de fotografía "Imaxes do Patrimonio"

O pasado curso 17-18, e durante o terceiro trimestre, dende este Equipo animamos ao alumnado a participar no  I Certame de fotografía "Imaxes do Patrimonio", convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica " Ponte...nas Ondas"

Logo de informar das Bases ao alumnado, dende o Taboleiro da Lingua e nas aulas, contamos coa colaboración de Carmen Fariña co grupo de 4 ESO, e Emiliano Mourenza, co alumnado de 2 Bac, e presentamos, logo dunha selección , cerca de 15 traballos ao Certame.

E este luns día 10, para comezar ben o curso, recibimos o fallo do Concurso, no que a nosa alumna de 2º Bac IRIA MARTÌNEZ SAMBADE resultou gañadora do 4º premio na categoría Secundaria/Bac

Parabéns dende aquí a IRIA e GRAZAS  a tod@s pola colaboración!

Este é o enlace á páxina de Ponte...nas Ondas co Fallo do concurso, onde podedes ver o traballo de Iria (que xa está na páxina inicial do Centro) así como as outras imaxes (e textos) premiadas.

 

http://pontenasondas.org/i-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-xa-temos-ganadoras/



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut