Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Instrucións a seguir en caso de emerxencia


O aviso de emerxencia xeral realízase mediante 5 toques de timbre.
1 2 3 4 5


Este aviso indica que se debe proceder á evacuación do edificio. Para a evacuación, o alumnado debe seguir as instrucións do/a profesor/a que se atope na aula.


Se hai algún/algunha alumno/a con dificultades motoras asignaráselle un acompañante que o/a axudará durante a evacuación.


Debe deixarse todo o material na aula.


Deben pecharse as ventás.


Á saída da aula seguiranse os indicadores de evacuación para dirixirse ao punto de encontro que é a pista de fútbol.


A última persoa en saír deberá pechar a aula.


Débese circular ordenadamente, sen correr e pegados á parede.

De haber fume, circularase coa cabeza baixa e de ser posible coas fosas nasais tapadas por un pano húmido.


Unha vez na pista de fútbol, o alumnado de cada aula permanecerá agrupado formando unha ringleira e seguirá as indicacións do/a  profesor/a.

O alumnado que non se atope nunha aula seguirá os sinais de evacuación máis próximos ao lugar onde se atope e ao chegar ao punto de reunión informará da súa presenza a algún/algunha profesor/a.



Iniciar sesión: Acceso
page | by Dr. Radut