Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

TORNEO KINGS LEAGUE FONTEXERÍA 22-23

TORNEO KINGS LEAGUE FONTEXERÍA 22-23

 

Como actividade estrela dos recreos activos, no 3º trimestre organizamos un torneo de fútbol, baixo o formato da novedosa Kings League.  A organización dos calendarios e horarios do torneo fixose mediante a App Winner , mediante o cal o alumnado seguiu o día a día da competición. Mesmo se creou unha conta de instagram que chegou os 100 seguidores , onde se subían , resultados e crónicas dos partidos ,enquisas de MVP ,amáis de anunciar información de relevancia.

 

O torneo KINGS LEAGUE FONTEXERÍA , xurde como proposta pedagóxica asociada a unha ensinanza que guíe a procesos didácticos de practica social e cultural que proporcionen experiencias auténticas e relevantes no alumnado, na medida en que conecten coas súas motivacións, intereses e contextos de práctica.

 

Trasladamos ao ámbito educativo, a estructura organizativa dos sistemas deportivos, implementando elementos que involucran á persoa en ámbitos asociados co desenvolvemento do deporte ( xestión e planificación de competición , confección de equipos, afiliación , identidade e sentido de pertenza, regulamentación e arbitraxe, medios de comunicación.. ) , amáis dunha conexión e vínculos coa propia cultura deportiva fora dos muros do IES. 

 

 

 

A resposta o torneo foi inmellorable , con un rotundo éxito de participación e seguimento. Como colofón, os finalistas do torneo poideron desfrutar da experiencia única de asistir ao estadio Abanca Riazor ó día 20 de Maio, e animar ó Depor na disputa do Xornada 37 :  RCD de la Coruña vs Algeciras C.F.

 

 

 

Adxuntamos carteis promocionais e collage de fotos do evento, sen dúbida unha actividade que repetiremos en vindeiros cursos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut