Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR INICIACIÓN Ó BALONCESTO _ CURSO 22-23

INICIACIÓN O BALONCESTO _ CURSO 22-23

 

A actividade "Iniciación ao balocesto" que organiza o IES Plurilingüe Fontexería e aberta ao alumnado do CEIP Plurilingüe Ramón de Artaza e Malvárez desenvolveuse este curso desde o 6 de outubro de 2022 ata o 20 de xuño de 2023.

 

Nun principio inscribíronse 4 alumnos/as de ESO e 3 alumnos de Primaria, pero ao longo do primeiro trimestre fóronse incorporando máis participantes de primaria que pouco a pouco foron abandonando, non continuando ningún despois do mes de abril. De Secundaria incorporáronse unha rapaza en novembro e un rapaz en abril. En total participaron na actividade 2 alumnos de 5º, 10 alumnos/as de 6º , 6 alumnos/as de ESO e, como invitado, un alumno de 1º de bacharelato que asistía á ultima parte dos adestramentos para participar nos exercicios colectivos. A actividade non se detivo durante as vacacións de Nadal xa que continuou desenvolvéndose no Pavillón Municipal de Miraflores.

A pesar das diferencias de idade e habilidades motrices dos/as participantes sempre se conseguiu un bo clima de traballo e colaboración entre eles/as, integrándose con facilidade os/as que se foron incorporando progresivamente.

 

De cara ao futuro, de querer continuar ofrecendo esta actividade, sería conveniente facer unha presentación da mesma ao alumnado durante os primeiros días do curso co fin de que teñan coñecemento de primeira man do que se ofrece e o que poden esperar se asisten a ela, dándolle tempo e encaixala no seu horario das tardes.

 

Sen dúbida, parabéns o profesor Alejandro pola súa predisposición, entusiasmo e bo facer nesta actividade!! 

 

Adxuntamaos foto de tres dos alumnos/as participantes.

 

 

 

 

 

 



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut