Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Horario do centro

•  Horario lectivo:

Mañás: de 08:30 a 14:10, de luns a venres.
Tarde do luns e do mércores: de 16:15 a 21:45.
Tarde do martes e do xoves: de 16:15 a 20:15.

O alumnado da ESO e Bacharelato sairá ás 17:55 horas na tarde do luns, o resto da semana non terán clase pola tarde.
No CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas haberá clase na tarde do xoves, de 16:15 a 18:45, para completar o horario de 36 sesións por semana.
As ensinanzas de adultos serán de luns a xoves en horario de 18:00 a 21:45 horas os luns; de 16:30 a 19:30 os martes;  de 18:00 a 21:45 os mércores; e de 16:30 a 20:15 os xoves.
Programa CUALE para o alumnado: B2 (un grupo) impartiranse os martes e xoves dende ás 16:15 ata ás 17:45 horas.

•  Horario de uso de instalacións e servicios:

Biblioteca: estará aberta nos recreos das mañás de luns a venres e nas horas que o profesorado de garda poida atendela se fose preciso.
Cafetaría: de luns a venres de 08:30 a 14:10h, e na tarde do luns de 16:15 a 18:45.
Conserxería: O/A conserxe abrirá o centro ás 08:00h, as tardes dos luns ás 15:30H, e de martes a xoves ás 16:00h.
Oficina: permanecerá aberta ó público de 08:00 a 14:30 h.
Pistas deportivas: permanecerán a disposición da comunidade educativa as tardes de martes e xoves, previa comunicación e autorización da dirección do centro.

Pavillón: permanecerá aberto nos recreos con profesorado encargado das actividade deportivas.

•  Horario e apertura fóra do horario lectivo:

O centro permanecerá pechado, salvo cando a Dirección do centro autorice a súa apertura por precisalo calquer sector da Comunidade Educativa. Se houbese algunha solicitude de uso de instalacións, sería xestionado desde o Consello Escolar do centro. En período de vacacións escolares permanecerá aberto pola mañá (oficina e conserxería).

•  Horario de verán:

Mes de xullo: atención ó público de 08:30 a 14:30 horas. Durante este mes estarán presentes un directivo, a administrativa e un/unha  conserxe.
Mes de agosto: atención ó público de 09:30 a 13:00 horas. Estará presente un/unha conserxe que atenderá os requerimentos que se poidan facer e comunicarallelos a un directivo, no caso de que deban ser atendidos a curto prazo.
O persoal de limpeza fará quendas para atender as necesidades durante os meses de xullo e agosto.

 



Iniciar sesión: Acceso
page | by Dr. Radut