Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Dinamización de Igualdade

Difundindo o noso proxecto coeducativo

Nos meses de febreiro e marzo o IES Plurilingüe Fontexería foi convidado a visibilizar o seu proxecto coeducativo en actos organizados polo CFR da Coruña, Ourense e o CAFI en Compostela. Tamén recibimos o convite para participar nas III Xornadas de Coeducar en Igualdade organizadas polo sindicato STEG, así como a colaborar coa revista EDUGA cun artigo sobre os obradoiros de Novas Masculinidades que desenvolvemos cos alumnos varóns.

IMG-20180215-WA0001.jpg

Vídeo Fórum Muller e Deporte

O 14 de marzo chegou o "Gisele" a Muros, un temporal que fixo moi acaído o título do Vídeo Fórim que tivo lugar no IES Fontexería en colaboración coa deputación da Coruña: "Conquista dos Elementos".

R1.jpg

Mírame ! Son filósofa!

O departamento de Filosofía, tan activo a prol da igualdade entre homes e mulleres, inzou os corredores do instituto de mulleres filósofas que demandan a visibilidade que se lles nega nos libros de texto. Unha fermosa iniciativa inspirada no cartaz que adxuntamos!

Rfilosofas.jpg

Suffragettes

O departamento de Inglés desenvolveu neste curso as actividades que no curso pasado tiveron mellor acollida entre o alumnado: visionado das películas Suffragettes, Pride and Prejudice e Jane Eyre, todas elas durante a Semana Cultural.

 

7.jpg

Calendario feminista para o curso 2017-2018

O equipo de Normalización Lingüística do IES Fontexería adaptou ao galego, coa colaboración do alumnado do centro, o calendario "Feminista Ilustrada" para colocar nas aulas. O alumnado que consulte as datas de exames, días festivos, datas de saídas educativas...recibirá tamén unha alta dose de reivindicacións pola igualdade. Parabéns desde o grupo de Dinamización de Igualdade pola iniciativa!

calendario xuño.jpg

Igualdade nos VI Encontros de Centros por unha convivencia positiva

O IES Plurilingüe Fontexería organizou este curso os VI Encontros de Centros por unha Convivencia positiva, aos que asistiron 130 persoas de 20 centros educativos de toda Galiza. Como non podía ser doutro xeito, démoslle un papel central á perspectiva de xénero nas actividades desenvolvidas co alumnado, as familias e o profesorado, contando coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade, as áreas de Igualdade da deputación da Coruña e do concello de Muros.

Rigualdade.jpg

II Xornadas de Convivencia e Igualdade en Guimaraes

Logo do balance tan positivo das I Xornadas de Convivencia e Igualdade que realizamos o curso pasado en Guimaraes, este ano animámosnos a repetir coa nova promoción de 1º de BAC. A valoración volve ser tan positiva que volvimos con ideas novas para o curso vindeiro. A necesidade de contarmos con tempo de calidade para falar co alumnado de 1º de BAC, así coma as gañas por parte do profesorado de recoñecer o traballo desenvolvido en cursos anteriores augura un longo futuro a este proxecto.

RNM guimaraes.jpg

Obradoiros de Autoestima Feminina

Neste curso continuamos desenvolvendo obradoiros simultáneos de empoderamento feminino e novas masculinidades, separando ao alumnado por sexo. Realizamos 8 sesións de 50 minutos en 3º ESO, 5 sesións en 2º BAC e 4 horas en 1º BAC co alumnado que participou nas xornadas de Guimaraes. A acollida entre o alumnado segue a ser espectacular, así coma a aprendizaxe para o profesorado que as organiza. 

Rbeleza.jpg

Obradoiros de Novas Masculinidades

Neste curso continuamos desenvolvendo obradoiros simultáneos de empoderamento feminino e novas masculinidades, separando ao alumnado por sexo. Realizamos 8 sesións de 50 minutos en 3º ESO, 5 sesións en 2º BAC e 4 horas en 1º BAC co alumnado que participou nas xornadas de Guimaraes. A acollida entre o alumnado segue a ser espectacular, así coma a aprendizaxe para o profesorado que as organiza. 

RNMguimaraes2.jpg
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut