Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Lingua Galega

Calendario XUÑO

Imaxe de 1968 tomada na praia da Virxe, cedida pola familia de Marta León París

DIA DAS LETRAS

Aló polo 2015 o EDLG do noso Centro iniciou a actividade das Galegas nas Letras, para visibilizar ás mulleres nun recuncho, coma tantos outros, afastado delas. E naquel momento a autora escollida non foi outra que Xela Arias, protagonista na xornada de hoxe 17 de maio, do Día das Letras galegas. Deixamos aquí o enlace ao post publicado hai seis anos neste mesmo foro, a modo de pequena homenaxe

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfontexeria/node/1057

Exposición Xela Arias

Xa temos na entrada do centro a exposición ABECEDÁRIOME sobre Xela Arias, realizada por alumnado do IES Plurilingüe de Ames, dentro do concurso aberto pola Consellería a principios do ano. Parabéns dende aquí polo traballo!

O taboleiro virtual maio

Premendo no enlace aparece o Taboleiro virtual deste mes das Letras Galegas, taboleiro que medrará co paso dos días... eses que cada vez son menos no Centro para o noso alumnado de 2 Bac...

https://padlet.com/edlgfontexeria1/t20ky9r79v7q6g8v

Calendario MAIO

Xa temos a imaxe para este mes das LETRAS GALEGAS, cedidas desta volta pola familia de Pablo Lado.

Proxecto Regueifesta

O Departamento de Galego, da man da profesora Olalla Liñares organizou xunto a Séchu Sende unha xornada de convivencia en Compostela de alumnado do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces e alumnado do IES Plurilingüe Fontexería de Muros, baixo o nome de  Proxecto Regueifesta. O alumnado coñeceuse e participou nunha serie de probas pola zona vella de Santiago,  coa regueifa coma punto de partida.

Charla de Anna R.Figueiredo "Non todo é feminismo, pero todo o feminismo é igualdade"

Anna R. Figueiredo, doutora en Física, escritora, libre, viva, feminista e neofalante según a súa propia descrición, visitounos este luns 12 de abril para dar unha charla na Biblioteca ao alumnado de 2 de Bacharelato. Covid obriga, e por necesidades de aforo, Anna ofreceu "dous pases". Dende aquí grazas por nos adicar un pouco do teu tempo!

Aquí quedan imaxes da visita:

https://youtu.be/QejLI8S1C2A

 

O Taboleiro abril

Abrimos o primeiro Taboleiro do último trimestre

https://padlet.com/edlgfontexeria1/5jj3scilwox5e94

Obradoiro de Regueifas

Alumnado de 3 ESO do IES Plurilingüe Fontexería participou dun Obradoiro de regueifas impartido na Biblioteca do Centro pola profesora Olalla Liñares. O obradoiro foi dunha das moitas actividades que tiveron lugar no IES durante a XXXII Semana Cultural Diverxería

 

https://youtu.be/ecSAx-a2MiM

Resumo XXXII Semana Cultural Diverxería

Resumo de parte das actividades desenvolvidas na XXXII Semana Cultural Diverxería no IES Plurilingüe Fontexería de Muros

 

https://youtu.be/BBfHYR4iVRI

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut