Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Marzo 17, 2022 »
Xov
Start: 17/03/2022 10:35
End: 17/03/2022 12:15

Retomando proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos, os maiores terán un encontro co alumnado de 4º C para contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa. 

Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir.

Start: 17/03/2022 19:53

 


A exposicion do XVI PREMIO XURXO LOBATO no IES Francisco Aguiar de Betanzos levou unha sorpresa ao noso alumno de 4º ESO, Hugo Carro Cortés que, tendo participado, non era consciente de que a súa fotografía fora seleccionada como Finalista.

 

Xurxo Lobato, moi xeneroso sempre, loubou a composición de Hugo que foi quen de capturar unha luz potente que, en palabras de Xurxo Lobato, converte a roupa tendida «nunha instalación semellante as que penden do teito dos museos de arte moderna».

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido