4º ESO

Meteosimboloxía en debuxo vectorial con Inkscape, deseño de símbolos meteorolóxicos co alumnado de TIC de 4º da ESO

Este curso en TIC de 4º ESO sumámonos ao proxecto ''Meteoescolas'' e deseñamos os nosos conxuntos de símbolos metereolóxicos para ilustrar o tempo no mapa de Galicia.  

Empregamos para as nosas propostas de ''Meteosímbolos'' o software libre de debuxo vectorial ''Inkscape''.

Animarémonos a facer un noticiario metereolóxico coa nosa propia e particular simboloxía? Quén sabe, mentres tanto, facemos aquí público o noso traballo. Cál é o teu favorito?

ticsbeta

Álbum: Curso 2020-2021 -> Meteoescolas febreiro: Meteosímbolos

Lorena Boquete, científica - Semana da Muller e a Nena na Ciencia

Onte mércores, día 10 de febreiro, a científica Lorena Boquete falou ao alumnado do noso centro sobre a "Tecnoloxía CRISPR".

Lorena Boquete é unha investigadora galega en cancro no proxecto Astra - Zeneca do Laboratorio de Bioloxía Molecular asociado á Universidade de Cambridge.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Semana da Ciencia da Muller e a Nena

Charlas na Semana da Muller e a Nena na Ciencia

 

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, e concretamente a profesora María Jesús Santamariña, está a organizar unha serie de charlas telemáticas sobre ciencia que teñen como obxectivo espertar vocacións científicas nas nenas e rapazas do noso instituto.

Entre o 10 e o 18 de febreiro celebraremos, pois, a "Semana da Muller e a Ciencia", co fin de promover a cultura científica en feminino e dar recoñecemento ao traballo de mozas científicas galegas, que están a realizar brillantes investigacións no campo das Ciencias Biomédicas e as Ciencias Sociais.

Videocríticas do alumnado de 4ºESO (1ª parte)

Esta é a primeira das videocríticas que o alumnado de 4º da ESO fixo na materia de Lingua Galega e Literatura. Conteñen unha suxerencia lectora para este Nadal: 'O Corazón de Xúpiter' de Ledicia Costas.

Programa "Empresa familiar na aulas" - Visita Virtual

12/02/2021 10:35
12/02/2021 11:35
Etc/GMT+2

 

Segunda sesión da actividade organizada pola Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e a Fundación Abanca e coordinada polo Departamento de Economía, para o alumnado de 4º de ESO, das materias de Economía e Iniciación á actividade emprendedora e empresarial.

Nesta sesión realizarase unha visita virtual ás instalacións de GADISA.

Programa "Empresa familiar na aulas" - Conferencia

20/01/2021 10:35
20/01/2021 10:35
Etc/GMT+2

 

A actividade foi proposta pola Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e a Fundación Abanca e está coordinada a nivel de centro polo Departamento Didáctivo de Economía, para o alumnado de 4º de ESO, das materias de Economía e de Iniciación á actividade emprendedora e empresarial.

Nesta primeira sesión, Roberto Tojeiro, fundador da empresa GADISA, explicará as orixes, historia e evolución da empresa.

 

ENTREVISTA A GARCHU (MEMBRO DE EZETAERRE grupo de RAP galego) por alumnado de 4º ESO

ezetaerre entrevista

Preme nas imaxes para descargar o traballo e a entrevista realizada por  Marina, Paula Mato,Lourdes e Inés de 4º ESO sobre o grupo de Rap Galego EZETAERRE

Proxecto Terra: Dereito ao hábitat 19/20

Desde o curso 2015-16, o noso instituto participa no programa “ProxectoTerra”. Esta iniciativa está integrada no Plan Proxecta e parte dun convenio entre a Consellería de Educación e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para concienciar aos nosos rapaces e adolescentes sobre a importancia do patrimonio arquitectónico (en particular a arquitectura popular), os valores da boa arquitectura contemporánea e a necesidade dunha ordenación racional do territorio no que vivimos. 

Un dos temas nos que traballamos, combinando os tres eixes citados, é o “Dereito ao hábitat”; parte dunha idea de “Arquitectura sen fronteiras”, cuxo obxectivo xeral é motivar a reflexión do alumnado en torno ao hábitat como un sistema complexo de situacións que debe construírse colectivamente e ao que todas as persoas teñen dereito. Encaramos ese obxectivo con observación da contorna, na busca de exemplos onde este dereito está ameazado por diversas intervencións de dubidoso gusto ou simplemente absurdas, e con accións prácticas, como as transformacións que nos últimos cursos levamos facendo nos corredores e espazos comúns do propio instituto. 

Neste curso iniciamos unha galería fotográfica con imaxes de espazos, edificacións e estruturas que consideramos que deterioran o espazo no que vivimos e constitúen, polo tanto, unha ameaza ao noso dereito colectivo ao hábitat.

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2019-2020 -> Dereito ao hábitat 19/20

'O galego hoxe', compartimos o magnífico traballo de Nuria de 4º ESO

Compartimos con todos vós o excelente traballo realizado por Nuria coma exemplo representativo dos traballos que o alumnado de 4º ESO realizou coa súa profesora Carmen Suárez.

Distribuir contido