Xeografía e historia

Despedida do curso. Vídeo 'Francisco Aguiar por Julián' video entrevista do alumnado de TIC I

Compartimos con todos vós un pequeno vídeo elaborado polo alumnado de TIC I de 1º BAC. Os alumnos fixeron unha pequena entrevista (hai quen dí encerrona) a Julián Ferrer, profesor do departamento de Xeografía e Historia. Grazas Julián por colaborar sempre.

Video orixinal do alumnado de TIC I 2018/2019 do IES Francisco Aguiar de Betanzos.
Montaxe de Daniel V. e Noel F.
Iluminación  Diego e Javier.
Escenas de exteriores Oscar,  Héctor,  Noel e Alberto.
Claquetas Laura e Fabián.
Rexedores Candela e Alejandro
Profesora Carmen Núñez

O AGUIAR E A SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL. "Falamos da Escola"

Ninguén podía imaxinar a principio do pasado curso, 2017-2018, a onde chegaría a iniciativa que partía do noso compañeiro de Pedagoxía Terapéutica, Ramón Ferreño.  Animado polos encontros interxeracionais para falar da emigración Ramón propuxo  introducir nesa "conversa" un novo tema: a escola dos nosos maiores. Ofertaba, tamén, a súa propia explendida colección de materiais escolares doutras época para ilustrar o traballo.

Puxémonos en contacto con Afundación para presentar a proposta a Ana Doval e X. Lois Liñares, e a cousa pùxose a andar. O curso pasado experimentamos, como pilotos, os materiais no noso instituto. O traballo de Delfina Roibal, Julián Ferrer e Ramón Ferreño deu bos resultados aplicado ao alumnado de 2º ESO.

Este ano , volvemos a traballar coa  proposta,  pero dista volta con alumnado de 1º BAC. Había que perfeccionar porque queríase presentar en sociedade, convidar a outros centros a traballar con ela...

O video que presentamos recolle esta presentación no Instituto coruñés de Monte das Moas  co padriñado doutra colega historiadora, Ana Brea, e a presencia no acto de Delfina Ruibal.

 

Un paso máis na presenza da escola pública no noso entorno social,

unha ocasión máis dun Aguiar atento a cantas oportunidades xurdan de dignificar e mellorar o ensino público.

Álbum de fotos: Día da solidariedade interxeracional. Lecturas cos maiores no espazo +60 de Afundación en Betanzos

Preme na imaxe e navega coas frechas.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Día da solidariedade interxeracional. Lecturas cos maiores no espazo +60 de Afun

Día da solidariedade interxeracional. Lecturas cos maiores no espazo +60 de Afundación en Betanzos

día da solidariedade interxeracional

Luns 29 de abril 2019

Un pequeno grupo de alumnos/as de 3º da ESO acudirá, acompañado por Carmen Suárez do Departamento deLingua e Literatura Galega e  Julián Ferrer, do departamento de Xeografía e Historia ao espazo +60 de Afundación en Betanzos para compartir lecturas cos nosos maiores. Celebramos así o 29 de abril día internacional da solidariedade interxeracional. Saída ao redor das 11:30 e volta ás 14:00.

 

Fotografía orixinal Afundación

Visita a Santiago de Compostela do alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato

O vindeiro martes 23 de abril, o alumnado de Historia da Arte acude á capital de Galicia para, acompañados dos profesores de Historia: Xosé Luis Mosquera e Julián Ferrer, visitar 'O Pórtico da Gloria' e o Museo do Pobo Galego entre outros.

visita compostela

A saída didáctica "xeográfica" á illa de Arousa na galería fotográfica

 O martes dia 2 os alumnos de xeografia de Bacharelato xunto cos de terceiro de ESO visitaron a Illa de Arousa cos profesores David del RIo e Teresa Bellon. Subiron ao punto mais alto, visitaron o cabo punta do Cabalo para observar a erosion dos granitos e para rematar fixeron un percorrido polo parque natural do Carreiron onde observaron entre outras cousas unha fermosa lagoa. Todo iso acompanado por un tempo espectacular.

Teresa Bellón

Preme na imaxe e navega coas frechas ou visita na galería fotográfica do centro o álbum da actividade.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Excursión xeográfica á Illa de Arousa

Saída didáctica "xeográfica" á illa de Arousa para o alumnado de Xeografía 2º BAC e 3ºA da ESO

excursion illa arousa

O vindeiro martes 2 de abril, dende as 8:45 ata as 18:00, o alumnado de Xeografía de 2ºde Bacharelato e o de 3º ESO A, realizará unha saída didáctica acompañados polos docentes Teresa Bellón e David del Río, dos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Castelá e Literatura.

Chegou aos nosos oídos...Andrés García Carneiro no Ciclo do Anuario Brigantino 2019

Chegou aos nosos oídos.... a participación dun ex alumno do Aguiar, o historiador Andrés García Carneiro no ciclo de Conferencias que anualmente organiza o Anuario Brigantino coa coordenación do Arquiveiro e Bibliotecario Alfredo Erias. 

Coa presencia da alcaldesa María Barral (tamén formada no Aguiar) e un nutrido grupo de participantes,  Andrés pronunciou unha interesantísima conferencia que levaba o título de  "Pasado, presente e futuro do casco histórico de Betanzos". Andrés soubo guiarnos dun xeito moi atinado para facer  repaso pola historia da cidade e das actuacións tendentes á conservación do noso patrimonio rematando cun chamado a un futuro máis consciente.

Ao remate da conferencia abríuse paso a un interesante e a nimnado coloquio no que tamñén poidemos escoitar a ex do Aguiar como Ángel Arcay (Casa dos Espellos) ou ao profesor Xosé Luis Mosquera.  O coloquio amosou que o tema é un asunto moi controvertido e poliédrico.

Quedou claramente de manifesto que: efectivamente se nos perdemos (escudamos) en discusións sobre quen ten as competencias e os medios, xa temos perdida a partida porque como reclamou o poñente "as casas non esperan por nós". Só un traballo conxunto de administracións e sociedade civil pode facelo posible. Aínda que parece claro que na iniciativa e coordenación dise labor conxunto deben estar os políticos (cecais primeiro municipais) E iso mesmo aplícase ao tema dos particulares que intervilñeron con vehemencia no coloquio reclamando axudas. Eles só poderán asumir con conciencia o coidado do patrimonio se atopan axuda,  sobre todo económica. 

O profesor  Xosé Luis Mosquera  reflexionou respecto a que semella que "chegamos tarde" e a ao que chegamos tarde foi ao encpntro para traballar xuntos: administracións, particulares, asociacións...

Neste inxentetraballo que Andrés nos puxo diante non temos que empeñarnos en descubrir algo absolutamente novidoso hai exemplos en toda Europa e haberá que aprender deles ( non para copiar, sí para adaptar)

Un orgullo para o noso instituto ter a ex como Andrés

 

NOTA. O vindeiro xoves 28, tamén as 20.00 h. participará neste ciclo de conferencias unha antiga e moi querida profesora do noso instituto Concha Delgado que falará sobre a "Tradición Literaria betanceira".

2ª sesión do proxecto interxeracional co Centro de maiores de Afundación: 'Fálame da escola' 1ºBAC E e alumnado HMC de 1ºBAC C

falame da escola

 

 

 

 Mércores 20 de Marzo 2019

Derradeira sesión neste curso do encontro con maiores do espazo +60 de Afundación. Organizado por Julián Ferrer do Departamento de Xeografía e Historia. Alumnado e maiores compartirán as súas experiencias, historias e soños para a escola pasada, presente e futura. De 9:35 a 11:15.

 

 

 

 

 

 

Chegou aos nosos oídos: Xosé Luis Mosquera gaña a IV edición do premio Díaz Castro de poesía

XL Mosquera

 

 

Chegou aos nosos oídos que o noso compañeiro e profesor de Historia do Arte, Xosé Luis Mosquera Camba, vén de gañar a cuarta edición do Certame Díaz Castro de Poesía. A obra premiada, presentaba co lema Ada Murati, foi A traxedia da arquitectura.

“O poema ilumínase a través dun elaborado proceso de decantación lectora, un instantaneísmo que reconfigura o texto, dende o onírico, o abstracto e a fractalización de planos, para espallar un novo molde resultante da converxencia de múltipeles achegas”, salientaron tamén os membros do xurado. Estes quixeron destacar así mesmo a “excelente calidade dun número importante” dos orixinais presentados, o que evidencia “o estado de magnífica saúde da nosa poesía e a boa acollida do premio”.

Unha vez máis parabéns a Xosé Luis polo seu facer no mundo da arte e a poesía.

Distribuir contido