Xeografía e historia

Visita al MUPEGA do alumnado de HMC 1BAC e os maiores do espazo +60 de Afundación

O xoves 21 de febreiro o alumnado que cursa Historia do Mundo contemporáneo en 1º BAC, acompañado polos profesores Francisco J. Calaza e Julián Ferrer visitou o MUPEGA ( Museo Pedagóxico de Galicia)

Na visita contaron cuns acompañantes de luxo. 5 maiores do Centro " +60" de Betanzos acompañados pola súa coordenadora, Ana Doval percorreron o museo. Neste caso non como simples alumnos senón como auténticos expertos porque o que alí vían era, en moitos casos, o que eles viviran na súa etapa escolar.

Esta actividade encádrase no proxecto interxeneracional  conxunto de Afundación e o noso instituto que leva por título "FALAMOS DA ESCOLA". Proxecto iste que comezou o ano pasado e do que o IES Francisco Aguiar foi pioneiro e impulsor. Compre neste senso sinalar que simultáneamente á visita reseñada, a nosa compañeira Delfina Ruibal participaba na presentación pública do proxecto que tivo lugar no Instituto Monte das Moas de A Coruña. (enlace á notica de prensa El Ideal) (Enlace a prensa La Voz)

CRTVGa

http://www.crtvg.es/informativos/maiores-e-alumnos-comparten-as-suas-experiencias-na-escola-4044298

 

Preme na imaxe para ver as fotografías.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Visita al MUPEGA 1BAC HMC

Visita ao MUPEGA para o alumnado de Historia do mundo contemporáneo de 1º BAC

 

mupega

Visita ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) en Santiago de Compostela. Para BAC1ºD, BAC 1ºE e alumnado de HMC de BAC 1ºC.

Actividade complementaria ao Proxecto Interxeneracional 'Fálame da escola' con maiores de Betanzos e Afundación.

de 8:45 a 11:30

2º sesión do proxecto interxeracional co Centro de maiores de Afundación: 'Fálame da emigración'. Para os 2ª da ESO

Segunda sesión cos 2º da ESO dos encontros con maiores de Betanzos dentro do proxecto "Fálame da emigración" de Afundación. Os nosos compañeiros Julián Ferrer e Delfina Ruibal levan xa varios anos colaborando nesta experiencia que, aseguran, é tremendamente enriquecedora para todos os seus participantes.

falame da emigracion

 

 

As datas e horarios son :

 

Grupo Día Hora
ESO 2º B Xoves 21/02
de 10:40 a 12:20
ESO 2º A Xoves 21/02 de 12:35 a 14:15
ESO 2º D Venres 22/02 de 10:40 a 12:20
ESO 2º C Venres 22/02 de 12:35 a 14:15

 


«Fálame da emigración» é un programa interxeracional que se inclúe na liña estratéxica «O valor da experiencia», do área de Envellecemento Activo de Afundación.
Este programa desenvólvese nos concellos de Galicia onde se sitúan os espazos +60 de Afundación  e en colaboración con institutos de ensino secundario destas localidades.
Os obxectivos xerais deste programa son:

  • Que as persoas maiores transmítanlle á mocidade os coñecementos e experiencias adquiridos ao longo de toda a vida, á vez que se enriquecen do diálogo coa xente nova e favorécese o entendemento mutuo.
  • Que os mozos e mozas se benefícen do legado e da experiencia das persoas maiores, que os coñezan e comprendan mellor, dialoguen e cooperen con eles, favorecendo o respecto ás persoas en todas as etapas dá vida.
  • Que a comunidade educativa incorpore novas modalidades de aprendizaxe, que aproveiten a experiencia das persoas maiores, fomenten o diálogo, a cooperación e o entendemento entre as distintas xeracións.

A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores.

Betanzos. 800 aniversario

 

O pasado 13 de febreiro a vella cidade de Betanzos vestíase de gala para conmemorar o 800 aniversario da súa traslación dende Betanzos o Vello ata o Castro de Untia. 

Como arranque dos actos que ese día tiveron lugar, a carón da Igrexa de San Martiño de Tiobre, o historiador e arquiveiro do Concello, Alfredo Erias, pronunciou unhas palabras para contextualizar o que estabamos a celebrar e o que celebraremos todo este ano que temos por diante.

 

 

 

800 aniversario da traslación de Betanzos o Vello ó Castro de Untia

 

palabras de Alfredo Erias en Tiobre

13-02-2019 ás 10 da mañá

 

Señora Alcaldesa de Betanzos, autoridades, amigos:

 

Tal día coma hoxe, hai xusto 800 anos, o rei Alfonso IX de León e Galicia concede unha carta ós poboadores de Betanzos de Tiobre, o que hoxe chamamos Betanzos o Vello (e que xa tiña desde 1162 o gremio de alfaiates ou xastres máis antigo de España), permitíndolles facer o que pediron: asentarse no veciño Castro de Untia, que pasaría a chamarse Vila Nova de Betanzos, despois Betanzos a secas e por derivación da confraría de Betanzos de los Caballeros que existía en san Francisco no século XV, aínda hai alguén que lle chama Betanzos de los Caballeros ou dos Cabaleiros. Pero como este Castro era por ese tempo propiedade do mosteiro de Sobrado, concede a este a cuarta parte de todas as rendas e proveitos da nova vila e a metade das capelas que se construísen. 

 

 .../...

 

 A historia non para e a vida sigue, mentres a cidade de Betanzos se vai adaptando ós tempos sen perder a súa esencia máis íntima: a de estar conectada co seu entorno rural, coa súa comarca, como poucas poboacións. 

É como se se resistira a esquecer a súa orixe de Tiobre. Por iso mesmo estamos hoxe aquí: para recordar ós nosos antepasados e aquel camiño que fixeron hai 800 anos e que sempre foi de ida e volta.

Moi agradecido!

 

Verémonos aquí mesmo dentro de cen anos.

NESTE ENLACE PODESE LER A INTERVENCIÓN COMPLETA DE ALFREDO EIRAS

 

E UN DÍA ANTES.... O 12 DE FEBREIRO

TAMÉN OS PEQUENOS DO AGUIAR QUIXEMOS CELEBRAR A EFEMÉRIDE

TRASLADÁNDONOS COA MESMA FESTA E ALEGRÍA DENDE TIOBRE ATA UNTIA

 

Escoitamos dos pregoeiros Martín Muiño e Óscar García o privilexio que nos concedía o traslado

 

 

Descubrimos estrelas de pedra marcando a orixe do camiño

 

 

 

Cruzamos pontes, resolvemos enigmas

 

 

Arribamos á cidade que agora cumple 800 x 12 meses

 

... /...

E aprestámonos a commemorar 800 anos betanceiros... que deron para moito:

 

. Para construir algunhas das máis fermosas igrexas góticas de Galiza

. Para ter que reconstruirmonos logo de pavorosos incendios.

. Para acoller a lideres da revolta irmandiña como Afonso de Carvallido,  ou ao precursor do nacionalismo, Antolín Faraldo

. Para que indianos xenerosos como os García Naveira regalasen á cidade escolas, asilos e enciclopédicos parques do

  Pasatempo

. Para escoitar a Lugris no primeiro mitin en galego que se escoitou en Galiza

. Para sentir polas rúas os sons do Turito ou a gaita do Vello Rilo

. Para ver pasearse ceibo polo Campo ao porco de san Martiño

. Para ser capital de provincia e Sé do Arquivo do Reino

. Para loitar con rexemento propio contra o francés ou ser zona de operacións do maquis Foucellas

. Para albergar unha puxante Irmandade da Fala

No Aguiar declarámonos dispostos para seguir facendo Betanzos outros 800 anos máis  

 

 

 

 

 

 

 

Primeiro encontro do proxecto interxeracional co Centro de maiores de Afundación: 'Fálame da escola' para 1ºBAC D

O vindeiro xoves 31 de xaneiro, continuamos cos sempre enriquecedores encontros cos maiores do centro de Betanzos do espazo +60 de Afundación . Desta volta, compartirán as súas experiencias na escola co alumnado de 1º de Bacharelato.

Grupo Día Horario
1ºBAC D xoves 31 de xaneiro de 9:35 a 11:15
1º BAC E/C venres 8 de febreiro de 11:45 a 13:25

A súa foi, sen dúbida, unha escola moi distinta á nosa, na que non había canóns, wifi ou ordenadores, pero que tiña en común cas novas xeracións a curiosidade e ganas de aprender.

Organizado por Julián Ferrer do Departamento de Xeografía e Historia.

falame da escola

 

 

Primeiro encontro do proxecto interxeracional 'Fálame da emigración' de Afundación. Para os 2ª da ESO

Os vindeiros xoves 24 a venres 25 de xaneiro, os 2º da ESO terán lugar un encontro con maiores de Betanzos dentro do proxecto "Fálame da emigración" de Afundación. Os nosos compañeiros Julián Ferrer e Delfina Ruibal levan xa varios anos colaborando nesta experiencia que, aseguran, é tremendamente enriquecedora para todos os seus participantes. falame da emigracion

 As datas e horarios son :

 

Grupo Día Hora
ESO 2º B Xoves 24 de 10:40 a 12:20
ESO 2º A Xoves 24 de 12:35 a 14:15
ESO 2º D Venres 25 de 10:40 a 12:20
ESO 2º C Venres 25 de 12:35 a 14:15

 


«Fálame da emigración» é un programa interxeracional que se inclúe na liña estratéxica «O valor da experiencia», do área de Envellecemento Activo de Afundación.
Este programa desenvólvese nos concellos de Galicia onde se sitúan os espazos +60 de Afundación  e en colaboración con institutos de ensino secundario destas localidades.
Os obxectivos xerais deste programa son:

  • Que as persoas maiores transmítanlle á mocidade os coñecementos e experiencias adquiridos ao longo de toda a vida, á vez que se enriquecen do diálogo coa xente nova e favorécese o entendemento mutuo.
  • Que os mozos e mozas se benefícen do legado e da experiencia das persoas maiores, que os coñezan e comprendan mellor, dialoguen e cooperen con eles, favorecendo o respecto ás persoas en todas as etapas dá vida.
  • Que a comunidade educativa incorpore novas modalidades de aprendizaxe, que aproveiten a experiencia das persoas maiores, fomenten o diálogo, a cooperación e o entendemento entre as distintas xeracións.

A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores.

Viaxe cultural VIGO_CIES_BAIONA 1 a 3 de xuño 2018

Os vindeiros 1,2 e 3 de xuño o grupo D do noso curso de 4º de ESO preparou ( cun protagonisno moi meritorio do alumnado) unha viaxe cultural. No mesmo estrán acompañados por dúas boas coñecedoras dos territorios que visitarán, as profesoras de Latín, Mónica Rodríguez Costas, e de Xeografía e Historia, Rosina Baños de Almeida.

Durante estes tres días achegaranse ata o sur de Galicia para coñecer Vigo ( os xacementos arqueolóxicos de Salinae ligados co mundo romano ou do Castro de época castrexa). Visitarán as illas Cíes do Parque Natural das Illas Atlánticas. E tamén coñecerán a histórica vila de Baiona.

Chegou aos noso oídos...presentación do proxecto Casa dos Espellos

Chegou aos nosos oídos... que o venres 27 de abril preséntarase na libraría Biblos de Betanzos un interesante proxecto no que están implicados moitas perdonas ligadas ao noso instituto. Ex alumnas i ex alumnos, profesoras e profesores, amigos do Aguiar.

Trátase da presentación de A Casa dos Espellos, unha poliédrica revista de investigación que se publica dende a Asociación de Amigas do Parque del Pasatiempo.

Prometen falar pouco e que poidamos preguntar moito! 

Non faltaremos! <3

 

Arte e historia de Galicia en Compostela para 2º BAC. 24.IV.2018

 

O vindeiro martes 24 de abril o alumnado das materias en 2º BAC  de Historia da Arte  e Historia e Xeografía de Galicia, desprazarase para visitar Santiago de Compostela. 

Trátase dunha visita habitual cada curso para os alumnos da materia de Historia da Arte. Un ano máis estará dirixida e guíada polo profesor Xosé Luis Mosquera, esta vez acompañado polo profesor Xan Munín. 

A Catedral compostelá e o seu entorno urbano e monumental, o Museo do Pobo Galego, o Centro Galego de Arte Contemporánea e a Cidade da Cultura son os eixos artísticos sobre os que xirará esta actividade didáctica. 

 

VISITA Á CASA MUSEO PARDO BAZÁN E AO ARQUIVO DO REINO DE GALICIA. Crónica de Julia Nieto

 

A lo largo de las dos pasadas semanas, los alumnos de 1º de bachiller, divididos (debido a su gran número) en dos días distintos, tuvieron la oportunidad de, no solo, conocer de primera mano la vida y entorno de la célebre escritora Emilia Pardo Bazán, sino también de tratar los secretos del Archivo del Reino de Galicia, ubicado en A Coruña; durante la jornada que ocupó dicha excursión, que corrió a cargo de las profesoras Concha Barrilero y Uxía Cagiao, que imparten las asignaturas de Lengua Castellana e Historia, respectivamente.

Aunque los alumnos ya habían sido divididos, para facilitar la visita, en dos días distintos, fueron segmentados nuevamente, con la intención de agilizar, tanto para ellos como para los guías encargados de ponerles al corriente en lo que a la figura de la escritora y al archivo se refiere, el tiempo de estancia en ambos edificios. Por esa razón, el orden de la visita, no fue el mismo para todos. 

Comenzando con el edificio del Archivo del Reino de Galicia, situado en el jardín de San Carlos, tras una pequeña charla de introducción, donde se comentaron algunos aspectos relevantes relacionados con el funcionamiento de la institución, se dio paso a la muestra de documentos pertenecientes al archivo, que resultaron de enorme interés para los alumnos, tanto por su impresionante edad, divergencias o similitudes con la actualidad en lo relativo a los mapas, importancia histórica, o relación de algunos de los documentos con Betanzos. Los alumnos, fueron también, testigos de la compleja organización de los documentos, de cómo podía disponerse de ellos, y de cómo lidiar con la presencia de humedades e insectos, que suponen un gran peligro (entre otros factores) para el mantenimiento de estos. Finalmente, se guió a los estudiantes hasta una de las principales salas de trabajo del centro, donde fueron partícipes de la restauración de un documento, a través del uso de modernas técnicas de conservación,  a su vez, con base en procedimientos de tiempos pasados.

 

Después de algo más de media hora de tiempo libre, que los alumnos pudieron dedicar a reponer fuerzas, dio comienzo la visita a la casa-museo de la escritora Emilia Pardo Bazán, de cuya obra, Los pazos de Ulloa serán examinados los estudiantes de 1º de bachillerato, durante este último trimestre. Estudiantes que de forma ágil y lejos de ser pesada, tuvieron la oportunidad de introducirse, a través de una fiel representación, en el hogar de la escritora. Una mujer en una época cargada de complicaciones para su género, que ella supo sortear de forma admirable, valiéndose de su fuerte carácter, y dedicando su vida a luchar por los derechos de la mujer, a través de obras como La Tribuna, de su participación en congresos como fue el de la Institución Libre de Enseñanza (que buscaba abolir el veto sobre la transmisión de  determinados valores a las mujeres, como la pasividad y obediencia hacia sus maridos), y su consagración como la primera mujer en presidir la sección de literatura del Ateneo de Madrid, así como, ser la primera mujer en ocupar una cátedra de literatura en la Universidad de esta misma ciudad. Una carrera plagada de éxitos, pero también de abundantes decepciones, como las repetidas declinaciones de sus propuestas por parte de la Real Academia y, a menudo, la contraposición de su marido. Una vida, que prevalece con los años y que sin duda constituirá una fuente de inspiración para los alumnos que tuvieron el privilegio de indagar en su mundo durante unos instantes.

Crónica de Julia Nieto. Alumna de 1º BAC

 

Distribuir contido