1º Bacharelato

Reunión informativa da Viaxe a Bélxica 2019

reunion belxica

O Departamento de Francés está a organizar unha viaxe cultural a Bélxica, programada para a semana anterior ao período vacacional de Semana Santa, dirixida ao alumnado de Francés de 1º de Bacharelato. Con tal motivo convocámolos a unha reunión informativa o próximo martes, 20 de novembro, ás 18 h , que terá lugar no salón de actos do centro escolar.

XIX Festival de teatro Grecolatino en Lugo para alumnado de BAC de latín, grego e literatura universal.

11/03/2019 09:30
11/03/2019 18:30
Etc/GMT+1

LUNS 11 DE MARZO 2019

Organizado polos Departamentos de Latín e Grego. O alumnado de 1º e 2º de BAC matriculado en latín, grego ou literatura universal,  asistirá en Lugo a dúas representacións teatrais. Saída sobre as 10:30 e regreso a Betanzos ás 19:30.

12:00 Electra, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

17:00 Gemelos, de Plauto, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

electra

Encontro con ex_parlamentarios. 23 de outubro de 2018

Charla destinada ao alumnado de 1º de Bacharelato, apróx dunha hora de duración de 11:45 a 12:45

encontro ex-parlamentarios

maría dolores faraldo botana

antolín sánchez presedo

carlos fernando branco parga

Deputada do PP pola provincia da Coruña na IX lexislatura, causou baixa o 9 de xullo de 2014.

Naceu en Betanzos (A Coruña) o 29 de marzo de  1959. Licenciouse en Medicina. É funcionaria da Administración xeral da Xunta de Galicia.

Militante do Partido Popular, do que foi secretaria de Organización na provincia da Coruña. Saíu elixida concelleira da Corporación Municipal de Betanzos nas eleccións locais de 1991, 1995, 1999 e 2003. Nos seguintes comicios municipais, os de 2007, accedeu  á Alcaldía do Consistorio desta localidade. En 2011 foi vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña, e renunciou un ano máis tarde ao obter a acta de deputada no Parlamento de Galicia. Tamén ocupou os cargos de directora do Servizo Galego de Saúde e do Instituto Social da Mariña.

Na súa actividade parlamentaria pertenceu ás comisións de Educación e Cultura, de Relacións co Consello de Contas e de Control da Compañía da RTVG.

Deputado do PSdeG pola provincia da Coruña na I lexislatura, dende o 8 de febreiro de 1983, en substitución de Anxo Teixeiro Piñeiro, e na II, III e IV.

Naceu en Betanzos (A Coruña) o 5 de abril de 1955. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce de avogado.

Militante do PSOE dende 1977, foi elixido concelleiro de Betanzos por este partido nas primeiras eleccións municipais en democracia, en 1979, e catro anos despois, asume o cargo de alcalde. Dentro do partido, no ano 1985, elixírono secretario xeral ata 1994. Entrou no goberno da Xunta como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, posto no que se mantivo dende 1987 ata 1990. Foi candidato á Presidencia da Xunta en 1983, pero non conseguiu bos resultados electorais e abandonou a primeira liña da política ata 2004, en que se presentou nas listas socialistas ó Parlamento Europeo; saíu elixido e renovou o escano para o período 2009-2014.

Na súa traxectoria no Parlamento, durante a I lexislatura, foi vogal da Comisión do Regulamento; e da Deputación Permanente. Na II lexislatura, vogal das comisións Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; e do Regulamento; membro da Deputación Permanente e voceiro suplente do seu grupo. Na III lexislatura, formou parte como vogal da Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; foi membro da Deputación Permanente e voceiro do seu grupo. Na IV lexislatura, foi vogal das comisións Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; e do Regulamento, así como membro da Deputación Permanente.
Deputado do BNG pola provincia da Coruña en dúas lexislaturas, na VII e na VIII; nesta última, substituíu a Anxo Manuel Quintana González a partir do 13 de setembro de 2011.
Naceu nas Pontes (A Coruña) o 14 de xuño 1957. Sindicalista de Endesa.
É membro do BNG desde 1995. Delegado sindical da CIG, desempeñou diversas funcións neste sindicato, entre elas, a de responsable de política industrial na Executiva Nacional da Federación de Químicas e Enerxía; representante no Plan de dinamización económica e industrial das Pontes e membro do Consello Confederal. No BNG, pertenceu ao Consello Local, ao Consello Comarcal de Ferrolterra e ao Consello Nacional.
Na VII lexislatura foi portavoz na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo; e secretario na Mesa da Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e, na VIII lexislatura, foi portavoz da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

Teatro Eroski Paraíso da compañía teatral Chévere no centro Ágora da Coruña

Eroski Paraíso

O xoves 18 de outubro, alumnado de 1º de Bacharelato asistirá as 11:00 a representación teatral Eroski Paraíso da compañia Chévere Teatro. Organizado polo Departamento de Galego e o ENDL (equipo de normalización e dinamización lingüística) do centro.


Eroski Paraíso é a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro.

Eroski Paraíso é un proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influir nas decisións de compra.

1ª etapa do Camiño Inglés Betanzos-Bruma

camiño inglés

Mañá martes 9 de outubro o alumnado de 1º de Bacharelato A percorrerá a primeira etapa do camiño inglés de Betanzos a Bruma acompañados polos docentes José Luis Gorrochategui Santos e Marta Penalonga Chao.

Regresarán en bus a Betanzos ás 18:00 horas.

Viaxe a París. Sábado 23 a volta pola duna de Pila

Non, non é que fixeran unha viaxe alternativa ao Sahara.

Camiño de regreso, parada na duna de Pila.

Viaxe a París. Xoves 21 e Venres 22

 

Xoves para dar unha dimensión máis lúdica á nosa viaxe. Todo un día no mundo máxico de Disney. Todo un día en Dineyland París

 

Venres,camiño de volta. Visita ao impresionante Chateau de Chambord e aos seus xardíns.

 

Viaxe a París. Mércores 20 de xuño

Miércoles 20 de junio: seguimos nueva ruta turística por París. Visitamos el museos del Louvre y, al salir, pudimos contemplar su pirámide de cristal y el Arco del Carrusel que hace una perspectiva en línea recta con el Obelisco de la plaza de la Concordia y el Arco de Triunfo. 

 

Luego, nos recorrimos el jardín de las Tullerías intentando encontrar un poco de sombra para resguardarnos del sol que pegaba fuerte. Después, fuimos hasta la plaza Vendôme donde pudimos ver el monumento de la Colonne Vendôme y edificios típicamente "haussmanianos", que es la construcción típica de París (edificios de 5 / 6 plantas con fachada de piedra color ocre e hileras de balcones en la segunda y quinta planta). 

 

 

Cerca de la plaza Vendôme se encuentra la Ópera Garnier y les Galeries Lafayette que alberga en su interior una preciosa cúpula. Después de disfrutar allí de un tiempo libre, fuimos caminando hasta el Ayuntamiento de París (Hôtel de ville), la catedral Notre Dame y el barrio latino (Universidad de la Sorbona, plaza Saint Michel, el Panteón y el jardín de Luxemburgo con el Senado).

 

Acabamos el día con una merecida cena en un restaurante típicamente francés.

 

NOTA. 

A banda sonora diste vídeo é unha homenaxe á pelñícula que deixou Inés para ver aos seus alumnos...e que vimos, con gusto, os que estivemos de garda nestes días. 

 

Viaxe a París. Martes 19.

 

 

Martes 19 de junio: paseamos en el Campo de Marte antes de subir a la cima de la Torre Eiffel y poder observar las maravillosas vistas a la ciudad. Luego, fuimos andado hasta Trocadero.

 

 

A continuación, comimos en los Campos Elíseos y anduvimos sus 2 kilómetros hasta llegar a la plaza de la Concordia donde está el Obelisco y donde, durante la Revolución Francesa, estaba instalada la guillotina.

 

Para acabar el día, visitamos el barrio de Montmartre con la Basílica del Sagrado Corazón, la place du Tertre, le moulin de la Galette...

 

Nos ha encantado este barrio que parece un pueblo y que conserva unos aires bohemios que le dan todo su encanto.

 

Y para rematar definitivamente el día, vimos el Moulin Rouge.

 

Distribuir contido