1º Bacharelato

Viaxe a París. 18 de xuño.

O luns 18 fixemos un paseo en "bateu-mouche" tendo así unha panorámica de parís cos seus monumentos máis emblemáticos: a Torre Eiffel, a catedral de Notre Dame, L'Assemblée Nationales, le musée d'Orsay.Dende o barco, todo unha preciosidade. 

 

Pero se hoxe navegamos cómodamente no barco polo Sena, mañá martes tocaranos patear a cidade da Luz e ver aínda máis de preto estes espectaculares e fermosísimos monumentos. 

 

Mirade ata que punto algún de nós está impactado pola beleza de da cidade,  que ceando, unha das nosas viaxeiras, fica sorprendida logo de que un señor lle falase en español: "Sabes español?" dílle. "De donde eres?".... e resulta que era o chofer que nos leva acompañando dous días enteirosGuiño

Viaxe a París. Día 1.

 

DOMINGO 17 DE XUÑO.

 

Primeiro día e primeira parada importante. Fixemos unha visita á cidade de Burdeos. Que preciosidade! A place de la Bourse, a cathédrale Saint-André, a place du miroir, les portes...

Tivemos tamén a sorte de que cadrase a festa do viño e puidemos vela.

Nesta rexión este é un evento moi importante, e especialmente para os habitantes da cidade de Burdeos.

Mañá o disfrute continuará. Rumbo a París!

Viaxe a Francia

O domingo 17, coas luces da alba (6.30h Sorprendido)  partíu das portas do noso instituto unha nova expedición rumbo a París.

Un ano máis o Departamento de Francés pon á disposición do seu alumnado  a posibilidade de practicar a lingua e coñecer algo do inmenso país que é Francia. 

Estarán acompañados polas súas profesoras Inés Digón e Uxía Cagio. A gardamos a súas noticias. 

 

Voluntariado da Biblioteca. Contos no Vales

O pasado 2 de maio un nutrido grupo de alumnas e alumnos de 1º BAC, participantes no proxecto de voluntariado da biblioteca "Sebastián Buedo" do IES Francisco Aguiar de Betanzos, adicaron unha parte da xornada lectiva a leer contos aos alumnos do CEIP Vales Villamarín.

GRAZAS POLO ESFORZO E O ENTUSIASMO!

surf

Un ano máis, coa coordinación de Edda Beltrán, o noso alumnado de 1º BAC iniciarase no deporte do Surf. Unha mañá completa (12 de xuño) na praia de Bastiagueiro coa guia de dúas escolas de surf  servirán como aperitivo para comezar a disfrutar de tan fermoso deporte.

Agardemos que o tempo mellore e que as olas permitan un perfecto desenvolvemento da actividade.

En total serán máis de 70 alumnos e alumnas os que participarán divididos en catro grupos e acompañados por catro profesores: Edda Beltrán, Leo Piñeiro, Chus Santamariña e Emilio Duque. 

Les dons d'organes. Cando as paredes chegan a ser información e chamada solidaria

O alumnado de 1º BAC orientados e motivados pola nosa compañeira, profesora de Francés, Inés Digón, súmanse a un esforzo por concienciar ao noso instituto sobre a importancia da doazon de órganos.

O seu traballo consistíu na elaboración de murais en francés para informar e  mover á comunidade escolar a unha reflexión sobre esta acción solidaria

UNE IDÉE_CADEU UTILE E ORIGINALE: LA VIE

Visita ENDESA 16.V.2018

Con avaría do transporte incluida e desafiando todo tipo de dificultades,  o Departamento de Física e Química, o mércores 16 de maio, levou a alumnos e alumnas de 1º BAC para visitar a Central Térmica de As Pontes e o lago que trata de recuperar ambientalmente a zona,  logo da explotación de décadas pasadas.

Estiveron acompañados polas profesoras Luisa Muiño e Pilar Mosquera. 

 

APRENDENDO JUGGER con 1º BAC

Unha vez máis a colaboración entre os antigos alumnos e alumnas do Aguiar que forman parte da Asociación Jugger de Betanzos,  e o Departamento de Educación Física deu como resultado unha interesante  actividade de iniciación a este deporte.

 

Visita ao laboratorio DOMUS 9.V.2018

Logo da experiencia máis que interesante do pasado mes de marzo, unha nova xeira de rapaces e rapazas de 1º BAC, futuros científicos, participan na actividade de Laboratorio Aberto da DOMUS.  Desta volta estarán acompañados polas profesoras Chus Santamariña e Pilar Mosquera

Agardemos que veñan igualmente entusiasmados. 

Distribuir contido