1º Bacharelato

Viaxe Multiaventura alumnado 1º BAC Ortigueira 2019

Instantáneas da viaxe multiaventura organizada por Leonardo Piñeiro do departamento de Educación Física para alumnado de 1º de BAC. Kayak, orientacion, sendeirismo, e praia aderezado cun turístico desprazamento en tren e a visita ao museo etnográfico de As Pontes, todo en dúas intensas xornadas. 

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Ortigueira multiaventura 1ºBAC

Nas vindeiras semanas, sesións de iniciación ao piragüismo cos 1º de BAC

piraguismo

Organizadas por Leo Piñeiro do departamento de Educación Física en colaboración co Club de Piraguïsmo Ría de Betanzos.

Grupo Día Horario
1º BAC A mércores 23 de 12:35 a 14:15
1º BAC B martes 22 de 10:25 a 12:35
1º BAC C luns 21 de 12:35 a 14:15
1º BAC D mércores 15 de 12:35 a 14:15
1º BAC E martes 14 de 12:35 a 14:15

martes 14 de maio: Roteiro 'A Esmorga' por Ourense para 1º de BAC A e B

Os vindeiros 14 e 21 de maio os alumnos de 1º de Bacharelato viaxarán na procura das pegadas de "A Esmorga", obra de Eduardo Blanco Amor, na cidade na que se desenvolve a novela, Ourense.

Descubrir eses espazos, as rúas, tabernas, fontes... como un xeito de achegarse a esta obra é unha proposta do Departamento de Lingua e Literatura Galega  que completa perfectamente o traballo nas aulas sobre esta obra cumio da literatura galega.

 roteiro a esmorga

A viaxe desenvolverase en dúas quendas:

Día Grupos
14 Maio BAC1º A , BAC 1ºB
21 Maio BAC 1ºC, BAC1º D , BAC 1ºE

O AGUIAR E A SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL. "Falamos da Escola"

Ninguén podía imaxinar a principio do pasado curso, 2017-2018, a onde chegaría a iniciativa que partía do noso compañeiro de Pedagoxía Terapéutica, Ramón Ferreño.  Animado polos encontros interxeracionais para falar da emigración Ramón propuxo  introducir nesa "conversa" un novo tema: a escola dos nosos maiores. Ofertaba, tamén, a súa propia explendida colección de materiais escolares doutras época para ilustrar o traballo.

Puxémonos en contacto con Afundación para presentar a proposta a Ana Doval e X. Lois Liñares, e a cousa pùxose a andar. O curso pasado experimentamos, como pilotos, os materiais no noso instituto. O traballo de Delfina Roibal, Julián Ferrer e Ramón Ferreño deu bos resultados aplicado ao alumnado de 2º ESO.

Este ano , volvemos a traballar coa  proposta,  pero dista volta con alumnado de 1º BAC. Había que perfeccionar porque queríase presentar en sociedade, convidar a outros centros a traballar con ela...

O video que presentamos recolle esta presentación no Instituto coruñés de Monte das Moas  co padriñado doutra colega historiadora, Ana Brea, e a presencia no acto de Delfina Ruibal.

 

Un paso máis na presenza da escola pública no noso entorno social,

unha ocasión máis dun Aguiar atento a cantas oportunidades xurdan de dignificar e mellorar o ensino público.

venres 10 maio 'Visita o teu campus' na UDC para alumnado de 1º de BAC

visita o teu campus

 

 

 

 

venres 10 de maio 2019

Durante toda a mañá. Tras unha charla xeral, o alumnado escolle a rama de coñecemento á que quere acudir na visita.

Organizada por Amparo Mejuto do departamento de Orientación e vicedirección.

 

 

 

 

 

 

Resumo do encontro de VIII Encontro de alumn@s de música de secundaria de Galicia organizado por #ASOMÚSICA

 concerto

 

O pasado martes, 30 de abril, os alumnos de Linguaxe e práctica musical de 1ºBac, acompañados das da súa profesoras Beatriz García e Blanca Bello, praticiparon no VIII Encontro de alumnos de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia en Santiago de Compostela, organizado por ASOMUSICA, que é asociación de profesores de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia, da cal Blanca é a presidenta.

Os rapaces viviron unha experiencia inolvidable participando no macroconcerto de 4 horas e nos obradoiros de Hip hop e Batucada que se impartiron simultáneamente.

Aqui vos deixamos a mostra das súas actuacións e fragmentos da reportaxe que A Revista da TVG fixo sobre o evento.

Enlace á reportaxe da TVG de 'A revista' onde entrevistan a Blanca Bello Sobral, profesora de música no noso centro e organizadora do evento coma presidenta de ASOMÚSICA.

 

Enlace á reportaxe da TVG sobre o evento.

Noraboa ao alumnado participante e a profesora Blanca Bello polo seu traballo á hora de educar en algo tan importante e indispensábel como é a Música. 

 

 

Charla orientación e terapia ocupacional para 1ºBAC D e E

 

 

terapia ocupacional

Charla Terapia Ocupacional

Dous ex-alumnos do centro, Tania Penas e Alfonso Seijo, ambos no derradeiro curso do grao en Terapia Ocupacional, nos visitan para dar unha charla orientativa ao noso alumnado.

 

Video da viaxe a Bélxica 2019.

A nosa compañeira Beatriz Muíño, do departamento de francés, compañeira de departamento e co-promotora xunto a Beatriz Vázquez desta viaxe, achéganos un video da súa autoría resumindo a  estancia en Bélxica.

Agradecer ás dúas Beatrices todo o seu bó facer durante esta viaxe de tanto proveito para o alumnado.

Reunión informativa Viaxe a Grecia xoves 2 de maio ás 17:00 no Aula de Idiomas

Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na 'Viaxe a Grecia 2019' a unha reunión informativa o vindeiro xoves 2 de maio 2019 ás 17:00 horas no Aula de Idiomas do IES Francisco Aguiar

 

reunión viaxe Grecia

Distribuir contido