Xerais do centro

Actividades feitas no centro

Gañadores do concurso Haikus contra a violencia de xénero 2018 #ennegrocontraasviolencias

Durante o pasado mes de novembro desenvolvéronse no centro diversas actividades de sensibilización contra ás violencias, sobre todo contra a violencia de xénero. Unha das actividades de maior participación foi o Concurso de Haikus contra á violencia de xénero do que nos comprace publicar os/as gañadores/as.

Sentímos tardar tanto coa deliberación pero, o equipo da Biblioteca, promotor do concurso, tívoo moi complicado tanto pola cantidade coma pola calidade dos traballos. 

Lembrar que a sensibilización contra ás violencias non é cousa dun mes ou dunha actividade illada, é un traballo que tén que continuar en todos e cada un de nós tódolos días do ano.

Mentres seguimos a traballar, noraboa aos gañadores/as e a todos os/as participantes.

 

Haiku Antón García Calvo 1º BACHaiku Antón García Calvo 1º BACHaiku Iván Sanjurjo Cortés 2ºESOHaiku Iván Sanjurjo Cortés 2ºESOHaiku Marta Poceiro Vázquez 3ºESOHaiku Marta Poceiro Vázquez 3ºESO

 

 

 

 

 

Preme na primeira imaxe e navega cas frechas para visualizalas mellor. Podes atopar estas e outras imaxes do concurso de Haikus dentro da galería fotográfica do centro no álbum Betanzos en Negro 2018-2019

Gañadores do certame Busca-Ciencia

ciencia en galegoO equipo da Biblioteca comprácese de anunciar os gañadores do certame interclases Busca Ciencia:

1º Ciclo da ESO:    2ºA

2º Ciclo da ESO:    4ºA

Lembrar que hai un premio para toda a clase na cafetería do instituto. Os gañadores deben contactar co titor para concretar a sesión de titoría na que se disfrutará deste premio. Que aproveite!

Busca Ciencia: Semana da Ciencia en Galego

Ao longo semana para celebrar o Día da Ciencia en Galego, o equipo da Biblioteca desenvolveu un concurso inter-clases acerca de cuestións científicas do que desfrutaron os representantes de cada clase elexidos polos seus compañeiros. Compartimos con vós algunhas instantáneas do desenvolvemento das competicións.

Clicade na imaxe para visualizar as fotografías ou accedede ao álbum na galería fotográfica do centro para votar as túas favoritas e/ou visualizalas á máxima resolución. 

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Semana da ciencia en galego

Concurso Betanzos detalles de 800 anos

Betanzos en Detalle

En febreiro de 2019 celebraremos o octavo centenario do traslado de Betanzos desde Tiobre ao seu actual emprazamento. Con este motivo, conscientes de que o noso Casco Antigo ten un gran interese histórico-artístico, e coa intención de fomentar o seu coñecemento e conservación, o Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar convocan o concurso

"DETALLES DE OITOCENTOS ANOS",

de acordo coas bases que se poden ler nesta mesma entrada ao premer en ler máis.

Pódese descargar o díptico para participar se se preme na imaxe.

26-30 novembro 2018 Semana da Ciencia en Galego

Día da ciencia en galego

 

Ao longo da vindeira semana para celebrar o Día da Ciencia en Galego, o equipo da Biblioteca preparou un interesante concurso inter-clases acerca de cuestións científicas. Cada clase participará nos recreos cuns representantes elexidos con eles. A clase gañadora disfrutará dunha gorentosa sorpresa na cafetería do centro. Boa sorte a todos. A que dixenA que dixenA que dixen

23 de novembro xornada contra as violencias #ennegrocontraasviolencias. Fotografías do Aguiar en negro

O pasado 23 de novembro tivemos unha máis que intensa xornada no que se realizaron proxección de curtametraxes e posta en común das impresións que causaban os mesmos. Asimesmo, o centro enteiro tinguiuse de negro coma proban as fotografías que seguen a chegar á galería fotográfica do centro. 

Premede na imaxe para acceder a visualización do álbum dentro da web ou visitade a galería se queredes ver as imaxes á máxima calidade.

 

Álbum: Actividades 2018-2019 -> 25nov día mundial contra violencia xénero

Betanzos en negro #ennegrocontraasviolencias Concurso de Haikus na galería do centro

Podedes visualizar aquí algunhas das moitas imaxes que estamos a sacar da magnífica colleita de Haikus contra a violencia de xénero. Grazas a todo o alumnado pola súa implicación e sensibilidade.

Preme na imaxe e navega cas frechas pola galería.

Álbum: Biblioteca 2018-2019 -> Betanzos en negro

23 de novembro xornada contra as violencias #ennegrocontraasviolencias

contra as violencias

 

 

 

 

O vindeiro venres 23 celebraremos unha xornada contra as violencias. Todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do centro procurará vir vestido de cor negra coma mostra da nosa repulsa fronte a todo tipo de violencias en xeral, e da violencia de xénero en particular.

Os diferentes cursos tamén baixarán ao salón de actos para participar na vieoproxección e debate posterior de diferentes curtametraxes.

Por último, tamén disfrutaremos da exposición de todos os haikus ilustrados que o alumnado nos fixo chegar e mesmo poderemos dar a coñecer os gañadores do concurso, aínda que dada a calidade de moitos deles, vai a estar difícil chegar a unha decisión.

 

 

 

 

 

 

 

 

Novas fotografías no álbum Biblioteca 2018/2019 da galería fotográfica do centro.

A galería fotográfica do centro segue a medrar. Neste caso incorporamos as fotos da pasada edición dos clubes de lectura da ESO do pasado 20 de novembro. Poderes entrar no álbum clicando na imaxe.

 clube lecatura

Vota as túas imaxes preferidas da galería fotográfica Betanzos en negro #ennegrocontraasviolencias

Ao longo desta semana exporánse os Haikus do concurso en  contra a violencia de xénero  nos corredores do instituto. Na galería fotográfica do centro tamén hai fotografías dalgúns dos Haikus/imaxes que fostes aportando. Hainos moi bós, tanto que vos pediríamos que os puntúasedes co sistema de estrelas que hai debaixo de cada fotografía. Se premedes nunha imaxe podedes votala e ver a súa puntuación. Asimesmo, se queredes vela á máxima calidade debedes clicar de novo sobre ela.

Accede á galería a través do enlace deste exemplo e participa. ¿Cal é o teu preferido?

haiku

Distribuir contido