Xerais do centro

Actividades feitas no centro

Concurso Betanzos en Detalle no xornal "Betanzos e a súa comarca"

O IES Francisco Aguiar en colaboración co Concello de Betanzos e ACEBE CCA organiza o concurso "Betanzos en Detalle".

Está dirixido a escolares e ao público en xeral buscando a promoción e posta en coñecemento e valor do casco histórico brigantino.

O concuso desenvolverase ao longo de seis meses. Cada mes faranse públicas cinco fotografías correspondentes a pequenos detalles agochados en diferentes puntos do casco histórico. Trátase de identificar a ubicación destes detalles e contestar unha pregunta ao mes relacionada con elas.

As fotografías, orixinais do alumnado de Educación Plástica e Visual do centro, publicaránse en "Betanzos e a súa comarca", nun taboleiro no edificio do Liceo e na páxina web do IES Francisco Aguiar.

Para completar o concurso haberá que identificar 30 fotografías e contestar a 6 preguntas.

Estableceranse dúas categorías e un premio para cada unha delas. Os escolares optarán a unha tablet e o público en xeral a un tarxeta regalo ACEBE CCA por valor de 100€.

Animádevos todos a participar.

Betanzos en Detalle

Premios. Minilibros. Muller e Ciencia 2018

Que poden ter en común a semilla diminuta dos grelos, a primeira célula que se forma pola unión dun óvulo e un espermatozoide, ou un poema escrito coa forma dun haiku? 

Aparte de todo o que se vos poida ocurrir, todas teñen en común o milagro de mostrarsenos como un elemento moi, moi pequeno (poida que teñamos a tentación de pensar que despreciable) pero que gardan no seu interior unha beleza, unha riqueza e unha potencialidade incalculable.

Os minilibros que elaboran cada ano os nosos alumnos teñen esas características. Neles tamén  cúmplese que “menos é maís”.

 

Hora de Ler 35ª semana [5ª sesión]

Ilustración:  María Pedreda

35ª SEMANA [5ª SESIÓN]

 

 

 

Últimas suxestións de lectura para a última e refrescante sesión de Hora de Ler: un relato de Inma López Silva e un conto de Laia Jufresa.

Hora de Ler 34ª semana [4ª sesión]

 

Ilustración: Miguel Ángel Camprubí

 

34ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Ler a Xavier Franco Alonso(enlace) Roxana Villareal(enlace) desexando que a chegada do bo tempo nos permita ascender ao máis alto das árbores.

 

 

GAÑADORES DO CONCURSO DE ESOPÍAS 2018

Fun a onde o vento

espallaba os berros.

Vinte alí, morto.


Bramidos terribles,
ademáns triunfais.Por

ti meu camarada bebo

veleno da odiosa


vida.

Violeta Silva Sánchez 1º BAC D

[Referencia a Dian Fonsey, bióloga. Adicado a Digit, o seu gorila].

 

Sol e auga e vivir,

resucitan os tempos

mozos que traen

cadanseu atardecer.

Maldito desacougo que

no meu profundo iris

desexa un último

bico.

Manuel Barbeito Gabín 1ºA BAC

Sol e luar, a tarde

brillante, un debuxo

único ata noite

radiante. Debuxando

imaxino fantasías, que

co seu rexistro, fago

bailar ao pensar

sons.

Eveline Lucía Martín García 3ºD ESO

***

Era o soño e calma

esvarando na fazula

tensa das vidas

incertas, esgotadas,

ollando pantasmas sen

un rol definido pola

mirada ós outros

fins.

Lucas Mahía Vázquez 3ºC ESO

 

Soy y vivo y sufro, 

Escapando de deseos 

Lejos del mundo, 

Agachada, escondida, 

perdida, malherida. Soy 

lo que añoraste pero 

quiero un futuro 

real.

Valentina Silva Sánchez 2ºD ESO 

***

Que é amar? É acaso

abandonar as demais

ramas das nosas

emocións? Mataranos

esperar, engaiolar nas

ás das palabras: amor,

horror ou cariño.

Soño.

Emma Pérez Orgeira 2º C ESO

 

Dor e medo. O tempo

conxelado no pasado

volve. Nas malas

batallas olvidadas

nacerán destrozos que

de paz cubrirán esta

agonía de feltro.

Amén.

Lourdes Nieto Mantiñán 2ºC ESO 

 

Ela e Fina e Ramón 

traballan na escola. 

Ramón vai andar 

pouquiño. Camiñando 

fixéronse novatadas aos 

do mal encontro. 

Pasa sempre no bosque: 

medo.

Alberto Blanco Gabín 2ºA ESO [Accésit]

Hora de Ler 33ª semana [3ª sesión]

Ilustración: Maria Hesse 

 

33ª SEMANA [3ª SESIÓN]

 

As suxestións de lectura desta semana quedan xeraquizadas por orde alfabético:

 

 

Sara Parga Pérez,

Giuseppe Scaraffia e

Amaia Tomé

 

Algo máis que un pracer literario voltar a ler ás nosas exalumnas escritoras!!!!

 

 

 

 

Distribuir contido